O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 6 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.
O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 3 e 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 5 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.
Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado (do 1 ao 21 de marzo).
O próximo VENRES DÍA 25 de febreiro de 2022, pola tarde, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.
Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.
As/Os interesadas/os deben contactar co centro para concertar un horario, xa que o aforo dos grupos é reducido pola situación de pandemia que vivimos. Neste sentido, só se permitirá a entrada a un membro da familia da alumna ou alumno que concertara cita.
Para concretar a hora do grupo no que desexen asistir deben chamar ao teléfono do centro: 881867921
Se o prefiren poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:
(Vídeo creado en marzo de 2021)
Moitas grazas,
O equipo directivo
Pode consultar todo o relativo á admisión na seguinte páxina da xunta.
O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre) de educación infantil traerase ao Colexio o 3 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.
Os días 10 e 11 de Setembro farase un pequeno período de adaptación para os nenos/as de 4 e 5 anos para explicarlles os hábitos de hixiene, distanciamento social, rutinas de traballo, xogo, normas de principio de curso, entradas, saídas...