Skip to Content

Entorno

LIGAZÓNS MEDIO AMBIENTE

DÍA DO MEDIO AMBIENTE by 3 anos B

Hoxe, en Radio Furelo os nenos e nenas de 3 anos B, fálannos sobre o "Día Mundial do Medio Ambiente" que se celebrou o 5 de xuño.


4:09 minutes (3.81 MB)

OBRADOIRO SOBRE A AUGA

Organizado por "Augas de Galicia" e coa colaboración de Sonia, nai dunha alumna, realizouse unha actividade para 4º de primaria sobre a auga e os residuos.

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o Día da Árbore 2019 os alumnos e alumnas de Infantil ata 4º de primaria plantaron, en colaboración co Concello, 190 árbores no espazo ao carón co Colexio: loureiros, acivros, espiños, abeleiras, cerdeiras e sangomiños.

CAMBIO CLIMÁTICO.

Hoxe, 15 de marzo, as alumnas e alumnos do CEIP Ramón Cabanillas queremos sumarnos ao movemento iniciado pola estudante sueca Greta Thunberg, na protesta pola pasividade dos gobernos mundiais ante o cambio climático, cun acto simbólico que rematará coa lectura dun manifesto elaborado polo alumnado.

                    
Minuto  0:57:25

COMPOSTEIRO

Dous membros de ADEGA deron unha charla didáctica, ao carón dos composteiros, para o alumnado de 5º de primaria sobre a recollida selectiva dos residuos para a elaboración de compost, continuando o traballo realizado ao longo do curso pasado.

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE O PLANETA

Clase didáctica impartida pola nai de Noa, a profesora Almudena Hospido  do departamento de Enxeñería Química da USC, ao alumnado de 4ºA para a concienciación de emisións de CO2 e dentro do programa da Universidade de igualdade de xénero "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE A AUGA

Sonia Barros e Cristina Lourido, nais de Alejandro e Sara respectivamente de 6º de Ed. Infantil B impartiron ao alumnado do último curso Ed. Infantil un obradoiro de sensibilización ambiental sobre a escasez, contaminación e a depuración das augas residuais urbanas. Grazas pola vosa colaboración.

SAÍDA DIDÁCTICA

COMPOSTAXE

Segunda xornada de formación para o alumnado de 4º de primaria e observación  dos composteiros instalados no patio.

20 de novembro de 2017 by 5ºA

A clase de 5ºA explícanos cómo funcionará o noso composteiro.


2:55 minutes (2.68 MB)

COMPOSTAXE

Dous membros de ADEGA deron unha charla didáctica ao alumnado de 4º de primaria sobre a reutilización dos residuos orgánicos. Logo montaron por grupos dous composteiros no patio para depositar os restos dos alimentos e seguir o proceso de transformación en abono ao longo do curso.

PASEO DIDÁCTICO POLAS BRAÑAS DE SAR

Saída didáctica polo entorno do alumnado de 4º e 6º guiados por Quique Álvarez, biólogo e especialista en ecosistemas. (Moitas grazas polas túas explicacións)

PLANTACIÓN

Xornada de plantación no horto escolar das Brañas de Sar organizada pola ANPA.

O alumnado de 5º de primaria plantou ceboliño, cilantro, romeu, tomiño, perifollo, albáfega, ourego, salvia e outras aromáticas, foi  acompañada dunha explicación de cada unha delas.

CHARLA LUIS SAMPEDRO

Hoxe visitounos Luis Sampedro, biólogo investigador do CSIC e tío de Uxía Otero de 5ºB. Recén chegado da Illa Decepción na Antártida veu falar do seu traballo aos alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria.

Forma parte dun equipo de científicos da Universidade de Vigo que tratan de predecir os efectos do quecemento global na biodiversidade (concretamente os efectos na poboación de macroalgas). A charla é do Programa Experiencia (FECXT, CSIC e Fundación Barrié).

Moitas grazas pola túa colaboración.

UNHA MAÑÁ EN BELVÍS

Actividade de educación ambiental organizada por Ferrovial, a USC e o Concello no CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela)

3ºA (20 de marzo) 3ºB (21 de marzo) 4ºA (6 de abril)
   
4ºB (27 de marzo) 5ºA (28 de marzo) 5ºB (29 de marzo)

"AQUALOXÍA"

"AQUALOXÍA" é un programa educativo do Concello para a concienciación sobre o uso axeitado da auga. Estivo dirixido ao alumnado de 3º curso de primaria.

PASEO POLAS BRAÑAS DO SAR

En colaboración co CIAC do Concello de Santiago o alumnado de 4º de primaria realizou unha actividade para coñecer a flora, fauna e unha análise medioambiental das Brañas do Sar.

PASEO DIDÁCTICO

 

O pasado día 21, as clases de 5º fomos dar un paseo polas Brañas do Sar. Acompañounos unha guía, Inés ... ler máis

 

Distribuir contido


by Dr. Radut