Skip to Content

Educación artística

ACTIVIDADES NO DOMICILIO DE EDUCACIÓN MUSICAL

 Actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares de cada nivel educativo (non avaliables) para que as poidan realizar no seu domicilio.

 

BATUCADA

O mércores 19 de xuño dous membros de Eco Percussion impartiron un obradoiro de batucada aos alumnos e alumnas de 6º de primaria, logo fixeron no patio unha demostración para todo o Cole.

  

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída da aula de 6ºA á sede da Fundación Granell

Deste xeito, mergullámonos na vida e obra de Eugenio Granell, ligado ao “bando republicano” na Guerra Civil española, a temida dictadura, a súa fuxida a Francia, o seu exilio e a súa posterior vida nas Américas, ata que regresa a Santiago, en plena democracia.
Ademáis dunha amena charla, Eduardo López e os seus colaboradores permitíronnos gozar co obradoiro de arte surrealista, a través do debuxo dos nosos soños e un traballo cooperativo titulado: “cadáver exquisito”. Graciñas.

ACTIVIDADE DIDÁCTICA

Continuando coas clases didácticas da Escola Municipal de Música, desta vez o alumnado de 2º asistiu no Colexio a unha demostración práctica de trompeta e trombón.

ACTIVIDADE MUSICAL

A través do Departamento de Educación do Concello achegáronse ao Centro dous profesores da Escola Municipal de Música para realizar unha actividade didáctica sobre o trombón e a trompeta, explicando as súas características e interpretando catro pezas musicais para o alumnado de 1º de primaria.

SAÍDA DIDÁCTICA

O alumnado de 4 anos marchou de excursión á Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Ciencias da Educación. Alí cantaron a de "Fonseca", deixando aos asistentes sorprendidos. O motivo foi a súa participación no International Symposium of Music Education and Didactic Materials.

Gozaron dos obradoiros de Lydia Botana (De aquí para alá) e de Cristina Llbrés (Ma-Maruja), material que traballaron coas docentes nas aulas previamente, quen amosaron os seus traballos musicais.

ACTIVIDADE 1ºA

Amosamos o resultado final das carpetas realizadas polos alumnos e alumnas de 1ºA, con diversos materiais e recursos, nas clases de educación artística. Fixérono moi ben estos pequenos artistas!

ACTIVIDADE 1ºA

En 1ºA están elaborando unha carpeta e comezaron a utilizar as témperas. Subiremos máis fotos cando o traballo esté rematado.

CLASE DIDÁCTICA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

"Quén é quén: Os instrumentos que viven na Escola de Música" é un ciclo de sesións para os centros de ensino de Santiago. O martes 13 de marzo realizouse no centro unha clase didáctica da modalidade guitarra eléctrica e percusión para 1º de primaria co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos.

SESIÓN DIDÁCTICA INSTRUMENTOS MUSICAIS

"Quén é quén: Os instrumentos musicais que viven na Escola Municipal de Música" é o título do ciclo de sesións didácticas que organiza o Departamento de Educación do Concello. Estiveron na aula de música do Centro Rocío Balboa (frauta traveseira) e Pilar López (contrabaixo) para impartir unha sesión didáctica ao alumnado de 1º.

ACTIVIDADE DIDÁCTICA

Dous profesores da Escola Municipal de Música achegáronse ao Colexio para dar unha clase práctica sobre a frauta traveseira e o clarinete.

Web do Concello

CONCERTO

Os alumnos e alumnas de 1º ciclo de primaria asistiron a un concerto didáctico na Escola Municipal de Música. Coas imaxes de fondo do libro "Mamá", interpretaron cantos de berce tradicionais de distintas partes do mundo.

CONCURSO

Alumnado de 4ºB que recibiu diploma pola súa participación no concurso de pintura infantil  dentro das "XIX Xornadas arredor da Camelia", organizadas polo Concello de Vedra.

 

 


CONCERTO DIDÁCTICO DA BANDA MUNICIPAL

CHARLA

O artista e ilustrador de numerosos libros de literatura infantil e xuvenil Suso Cubeiro estivo na biblioteca do Colexio. Explicou ao alumnos e alumnas de terceiro ciclo cómo é a súa forma de dar vida e emocións aos seus debuxos. O alumnado tomou apuntes da súa técnica. Para rematar pintou unha fermosa acuarela.

Podes ver as fotos premendo na imaxe.

 

 


AS ÁRBORES

 

Neste video podedes ver os traballos realizados nas aulas con motivo do ano adicado aos nosos bosques.




AS ÁRBORES

Distribuir contido


by Dr. Radut