Skip to Content

Orientación

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

MATERIAIS COMPLEMENTARIOS ÁS TITORÍAS

PROCESOS PSICOLÓXICOS BÁSICOS: ATENCIÓN, RAZOAMENTO, MEMORIA, PERCEPCIÓN

MATEMÁTICAS

GRAFO-MOTRICIDADE

LINGUAS

RECURSOS TIC

CONCIENCIA FONOLÓXICA E SEMÁNTICA

COMPRENSIÓN LECTORA

RECURSOS PARA O TEMPO LIBRE

 

E-mails de contacto:

Orientación: lnavarret@edu.xunta.gal  / doramoncabanillas@gmail.com

Lucía (PT): luciandrarias@gmail.com

Lorena (PT): loresaninpt@gmail.com

Mabel (AL): mabelvarela@edu.xunta.gal

Jesús (AL): jesus.comunas@edu.xunta.gal

 

ACTIVIDADE : LINGUAXE DE SIGNOS

Hoxe o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria tiveron un contacontos para promover a linguaxe de signos e , 3º e 5º de Educación Primaria tiveron unha sesión de sensibilización a linguaxe de signos.

Grazas a ANPA por propor esta actividade.

(Ver cuña aquí)

Proxecto ELISA. Tres anos de estudo do comportamento infantil no Ramón Cabanillas

Ao longo de tres anos no CEIP Ramón Cabanillas, varias profesoras e profesores (así coma a Comunidade Educativa) colaboraron no estudo lonxitudinal para unha infancia saudable a través do proxecto ELISA (USC). Este estudo permitiu coñecer a evolución dos nenos e nenas durante os primeiros anos de escolarización, no relacionado co comportamento cos demais dende pequeniños.

Os resultados son moi interesantes para comprender o comportamento infantil e poder desenvolver un exercizo de mediación adecuado.

Esta semana outorgáronnos un diploma de recoñecemento pola colaboración realizada.

Algúns dos docentes que participaron no proxecto, recollendo o diploma

Diploma outorgado ao traballo realizado

Pero isto non remata aquí. Neste curso queremos continuar cunha nova fase desta formación e práctica: EmPeCemos, Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria.

 

DÍA DA FAMILIA

15 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Que importantes son as nosas familias, verdade? A familia é un dos principais piares nas nosas vidas, pero por quen está formada? Pois iso é o de menos... non importa cantas persoas a forman, quen son ou como son... Sabes por que? Porque o único que importa nunha familia é o amor. 

SE HAI AMOR, HAI FAMILIA!

Na aula virtual do Departamento de Orientación podedes atopar varios vídeo contos sobre os distintos tipos de familias, animádevos a velos e desfrutade deles coas vosas  familias...Feliz día!

2 DE MAIO

O 2 de maio  conmemórase o "Día Internacional contra o Acoso Escolar" Dende o Departamento de Orientación propóñenvos ver este video:

https://www.youtube.com/watch?v=YPy2La2THM4

Queres ver máis curtametraxes ou escoitar algún conto sobre o acoso escolar? Na aula virtual do Departamento de Orientacion podes atopar máis curtas e contos narrados sobre esta temática. Anímate e bótalle un ollo!

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2020

LINGUAS

RECURSOS PARA O TEMPO LIBRE

RECURSOS TIC

MATEMÁTICAS

GRAFOMOTRICIDADE

CONCIENCIA FONOLÓXICA E SEMÁNTICA

COMPRENSIÓN LECTORA

CHARLA LUCÍA OUTEIRAL

Os mestres/as do Centro tivemos unha charla sobre Integración Sensorial impartida pola Terapeuta Ocupacional Lucía Outeiral Barbazán. Definida como a capacidade que posúe o SNC de interpretar e organizar a información captada polos sentidos, tivemos a oportunidade de ver cando hai un desequilibrio sensorial e poden xurdir problemas de integración social, atención, conducta, organización, movemento ou coordinación.

Distribuir contido


by Dr. Radut