Dentro do programa VOZ NATURA o alumnado, en colaboración coa coordinadora do programa e profesor de música, prepararon e ensaiaron moito para amosarvos esta magnífica canción, homenaxeando a Concha Velasco, para que vos animedes a reciclar. ANIMÁDEVOS!!!!
Foi un auténtico pracer escoitar da man dos avós, avoas...as súas historias, experiencias persoais, contos...Unha actividade que encheu os nosos corazóns de nostalxia e de moito agradecemento por poder compartir con vós esta semana adicada ao libro.
Podedes ver as fotos das diversas sesións de contacontos na GALERIA DE FOTOS. Premede AQUI
O venres 9 de febreiro celebraremos o Entroido. Se as condicións climatolóxicas nolo permiten, realizaremos un pequeno desfile ás 11:45h ao igual que o curso pasado. Se clicades na imaxe veredes os mandatos do Meco ou tamén no arquivo adxunto.
Hoxe deron comezo no colexio as I Xornadas sobre Ciencia onde os máis maiores a través de diferentes experimentos achegan a ciencia aos máis cativos do colexio.
O seguinte vídeo é un resumo do día da celebración do Samaín, Magosto e Halloween. O noso agradecemento a ANPA pola súa colaboración e a todos e a todas os que durante esa mañá estiveron asándonos as castañas que degustamos e que estaban moi sabedoras.
Por fin chegou o día!!! A biblioteca abríu as súas portas e non podía ser mellor ocasión cunha semana de contacontos aproveitando a chegada do SAMAÍN. Quedan inauguradas as XVIII Xornadas PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN. Aquí os primeiros contacontos.
Empezamos hoxe venres 19 coa actividade OS AVÓS E AVOAS TAMÉN CONTAN, seguindo coa lectura por parte das familias que iniciamos o curso pasado dende a Biblioteca. Este ano a invitación ás familias ademais de lecturas incluen a posibiliade de contar anecdotas e experiencias da súa nenez, dentro do proxecto do centro: O PASO DO TEMPO.
O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 6 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.
A partir do luns 10 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.
Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.
Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.
Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".
O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III,DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO, xunto a seguinte documentación:
Fotocopia dos DNI.
Fotocopia do libro de familia.
Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
Cuestionario uso da lingua.
Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2 fotos tamaño carné
Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.
Saída de 3ª a METEOGALICIA onde nos explicaron as prediccións metereolóxicas, os aparellos da estación metereoloxica de Santiago e de sorpresa vimos commo soltaban o globo a radiosondaxe!!!