Skip to Content

Aulas

Adaptacións programacións para o terceiro trimestre curso 20/21

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30 
4 ANOS MARTES, 4 DE OUTUBRO 17:30 
5 ANOS MARTES, 27 DE SETEMBRO 17:30 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B MARTES, 27 DE SETEMBRO
17:30
2ºA/B MARTES, 27 DE SETEMBRO 18:00
3ºA/B  MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30
5ºA/B/C MARTES, 4 DE OUTUBRO 17:30 
6ºA/B MARTES, 18 DE OUTUBRO 17:30 

Benvida ao CURSO 2022-23

BENVIDAS E BENVIDOS

AO CURSO ACADÉMICO 2022-2023

NO CEIP RAMÓN CABANILLAS


O PROFESORADO E O PERSOAL DO CENTRO AO COMPLETO AGARDÁMOSVOS!!!

 

ENTRADAS E SAÍDAS

Agracedemento ao alumnado en prácticas

Este ano graduamos ao alumnado en prácticas da UVigo e máis da USC que por segundo ano consecutivo elixiron o noso "complexo" centro para aprender e ensinar a través das súas experiencias.

Agardamos que a súa aprendizaxe continúe sempre e que, dentro de nada, os volvamos ver polo noso centro, entón convertidos en colegas de profesión.

Grazas a todas e todos.

Julio (EI), Marcos (EP), Diego (EP), Laura (EP), Helena (EP), Juan José (EP), Laura (EP), Paula (EP), José (EP) e Piñeiro (EP).

 

Sementade pensamentos con Rosalía de Castro, 23 de febreiro de 2022

Un ano máis conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, nesta ocasión, o 23 de febreiro.

Realizamos unha escolma de poemas que agardamos que vos gusten.

Ademais, no propio día, reunirémonos a través das redes para compartir este día. Pincha no programa do evento para ver o seu contido.

 

 

Agarda a que carguen os vídeos e despois fai doble clic no que desexes ver para que emerxa nunha nova xanela.

O alumnado do Ramón Cabanillas participa no recitado de Rosalía de Castro, aquí vai unha escolma:

         
         
     

 ROSALÍA DE CASTRO

23 de FEBREIRO

 
     

 

 

Hainas e hainos que cantan cos seus versos ao río Sarela, lembrándonos o coidado ás nosas Brañas do Sar:

 

Algunhas e algúns van máis aló, cantando e facendo ritmos musicados!

     

 

Versionando a Rosalía é unha expresión de pensamentos propios sobre a base da poesía desta grande autora.

  • Sobre que pensa o noso alumnado?
  • Cal é o poema orixinal de Rosalía sobre o que versionan?

 

SEMENTANDO PENSAMENTOS      
       
       

Grazas a todo o alumnado e profesorado.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE MURAL DE INFANTIL!!!!

O Alumnado de infantil conmemorou este día cun poema e unha rosa

Pulsa na imaxe para ver as fotos

 Fixádevos tamén neste fermosísimo mural realizado con moito agarimo polo alumnado de 4º, en onde revindican unha praza para Rosalía no lugar de Ramirez. Xustamente onde está situado o cruceiro que ela menciona nun dos seus poemas.

 

 

Despedimos a Izabela, a nosa auxiliar de conversa. Grazas!

Izabela sorprendeunos, no seu último día no centro educativo, vestindo o traxe típico polaco e bailando, xunto con Dani o baile tradicional. Foi moi emocionante!

(Preme na imaxe)

Retais de PAZ. Por un mundo sen violencia desde as aulas

Levamos días preparando este momento. O domingo 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e da non violencia.

Agardamos que o sintades tanto coma nós desde as aulas.

(Preme na imaxe para ver máis)

 

O grupo de 3ºB agasállanos con este baile

(Preme na imaxe, e verás)

 

Diversidade Funcional 2021

Hoxe conmemoramos unha data moi especial e desde o Departamento de Orientación prepararon unhas actividades nas que todas e todos quixemos participar; o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Actualmente, emprégase o termo Diversidade funcional, un termo alternativo que pretende substituír as connotacións negativas tales como “discapacidade, minusvalía...” dado que na sociedade existen persoas con capacidades diferentes entre si. Por iso, no día de hoxe, comezamos reflexionando sobre o termo “discapacidade”. O alumnado espuxo as súas ideas e decatáronse que só saían definicións “negativas” referidas a limitacións, restricións... Tras isto, escribiron nun papel o que significaba para cada un deles a Diversidade e puxemos as ideas en común. A continuación, lémoslle unha definición; a cal está moi relacionada coas ideas que escribiran:

“A diversidade funcional é unha realidade derivada das características individuais de cada persoa, xa que cada un de nós ten unha particular forma de ser e de aprender. Cada neno e nena é único/a e irrepetible, coa súa propia historia, motivacións, necesidades, intereses e, por tanto, ten un modo especial de sentir, de pensar e de actuar. A diversidade entende que non hai unha maneira única de aprender e que todos podemos aprender conxuntamente.”

 

Pincha no cartel para ver máis.

 

25 N . Día internacional da eliminación da violencia de xénero

Con motivo do día internacional da eliminación da violencia de xénero, no CEIP Ramón Cabanillas berramos moi alto desde as aulas ao resto do mundo:

NON Á VIOLENCIA QUE EXERZA UN HOME SOBRE UNHA MULLER: DI NON!!!

 

Para ver o vídeo que preparamos preme sobre a imaxe. 

 

Para coñecer as lecturas que recomendamos desde a Biblioteca Furelo preme no adxunto .pdf.

Proxecto ELISA. Tres anos de estudo do comportamento infantil no Ramón Cabanillas

Ao longo de tres anos no CEIP Ramón Cabanillas, varias profesoras e profesores (así coma a Comunidade Educativa) colaboraron no estudo lonxitudinal para unha infancia saudable a través do proxecto ELISA (USC). Este estudo permitiu coñecer a evolución dos nenos e nenas durante os primeiros anos de escolarización, no relacionado co comportamento cos demais dende pequeniños.

Os resultados son moi interesantes para comprender o comportamento infantil e poder desenvolver un exercizo de mediación adecuado.

Esta semana outorgáronnos un diploma de recoñecemento pola colaboración realizada.

Algúns dos docentes que participaron no proxecto, recollendo o diploma

Diploma outorgado ao traballo realizado

Pero isto non remata aquí. Neste curso queremos continuar cunha nova fase desta formación e práctica: EmPeCemos, Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria.

 

SAMAÍN

Desta volta, o Equipo de Biblioteca ven cunha proposta de cara ao Samaín para as familias.

Buscade nos vosos fondos de biblioteca ou poñédevos creativos coa creación de contos e relatos de medo.

Podedes enviar as vosas hitorias fantasmagóricas ao enderezo-e: bibliofurelo@gmail.com en formato vídeo ou audio até o luns 25 á medianoite.

ESPERAMOS ANSIOS@S AS VOSAS PROPOSTAS!!!

 

Para o deleite de todas e todos aos que vos gusta o MEDO, aquí vai o que deu de sí, o Samaín 2021 no Ramón Cabanillas

(preme na imaxe)

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

E MOI TERRORÍFICO SAMAÍN 2021!

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

INFANTIL 3 ANOS 4 ANOS

5 ANOS

PRIMARIA

ACTIVIDADES PARA REALIZAR NO DOMICILIO

Actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares de cada nivel educativo (non avaliables) para que as poidan realizar no seu domicilio  durante o confinamento do COVID-19.

Dende o 14 de abril, dun xeito progresivo, todos os contidos e tarefas para o alumnado estarán presentes na contorna Eva-Edixgal e nas aulas virtuais do seu grupo-clase, podendo entrar nelas por primeira vez como convidado coa chave " ramoncabanillas " para posteriormente mudala pola proporcionada por cada titor/a ou especialista, ou co seu propio nome ou contrasinal unha vez matriculados.

        INFANTIL 3 ANOS 4 ANOS

5 ANOS

PRIMARIA

A  T  E  N  C  I  Ó  N    Á    D  I  V  E  R  S  I  D  A  D  E

ACTIVIDADES DE MÚSICA

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN CATÓLICA

 

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

   ACTIVIDADE PARA TODO O COLE

 

 

OUTRAS LIGAZÓNS DE INTERESE PEDAGÓXICO:

BIBLIOTECAS MUSEOS

LETRAS GALEGAS

XADREZ ED. FÍSICA

AULAS GALEGAS

RECREO INGLÉS PLÁSTICA  LIBROS E CONTOS

 REPASO

DOCUMENTAL:"A PALABRA XUSTA"

BO USO DAS TICs
MÓVETE NA CASA CRTVG

 

 

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LIBROS E CONTOS

EDUCACIÓN FÍSICA

PREPARÁNDONOS PARA A VOLTA AO ESPAZO PÚBLICO E Á NATUREZA

EDUCACIÓN FÍSICA, SENDEIRISMO, MONTAÑISMO E ORIENTACIÓN

XADREZ

XADREZ (TEORIA E PRÁCTICA) para Primaria.

PLÁSTICA

INGLÉS

RECREO

Distribuir contido


by Dr. Radut