Skip to Content

MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES CURSO 2014/15

 Ábrese un prazo de presentación entre os días 20 e 30 de xuño de 2014 (ambos os dous incluídos), para a solicitude dos Servizos de Comedor e de Madrugadores en calquera dos seguintes centros de educación infantil e primaria públicos de Compostela: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

 _ O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto, acompañado da documentación solicitada, entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou nos Rexistros auxiliares do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo) e do CERSIA (Avda. Alcalde Raimundo López s/n), e os sábados só no Rexistro Xeral, en horario de 9 ás 14 horas.

 Xunto coa folla de matrícula deberá achegar a ficha de facturación da empresa SERUNIÓN aos efectos de domiciliación dos pagos, única forma de pago establecida.

 

Máis información e documentación:

http://www.santiagodecompostela.org/e_santiago/anuncios.php?lg=gal#2688

 



page | by Dr. Radut