ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2023/24. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde 10 de maio - fondo libros.pdf | 1.16 MB |
Anexo I - fondo.pdf | 1.61 MB |
Anexo II - fondo.pdf | 990.49 KB |