Skip to Content

CONTACONTOS NO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

O venres 5 de maio, o alumnado do 1º ciclo de educación primaria puido gozar dunha sesión de contacontos na biblioteca escolar. O conto elixido foi "Axente riciños. Misión Princesa" da editorial Anaya.

A protagonista desta historia é unha axente da policía que ten que resolver o misterio das princesas desaparecidas da Fraga. Sen dúbida, trátase dun obra narrativa que racha cos estereotipos dos contos clásicos e reinventa o modelo de personaxes femininas. 

Unha iniciativa que contribúe a formar pequenos e grandes lectores!

 



page | by Dr. Radut