Convídase ás/aos nais/pais/titores e titoras legais que así o desexen a participar como membros electos do Consello Escolar do CEIP Ramón Cabanillas, que debe proceder á renovación parcial dos seus membros, segundoa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Para participar nesta elección deben cumprimentar o documento anexo e entregalo antes do peche do centro educativo o día 15 de novembro de 2022.
Poden facelo en persoa, na conserxería do centro en horario de 9 a 14h ou de 16.30 a 18.30h ou envialo ao correo do centro: ceip.ramon.cabanillas@edu.xunta.gal á atención da dirección do centro.
Grazas por participar neste órgano tan importante para o adecuado funcionamento do centro educativo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo de candidatura de nais-pais do alumnado CEIP Ramón Cabanillas.pdf | 96.13 KB |
Modelo de candidatura de nais-pais do alumnado CEIP Ramón Cabanillas.doc | 30 KB |
CONSELLO.pdf | 87.2 KB |