Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023

Pode consultar todo o relativo á admisión na páxina da Xunta de Galicia:

Inicio do procedemento de admisión 2022/2023

Ou descargar as instrucións xerais de admisión 2022/2023 para saber máis.

VACANTES 

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
3 ANOS 50* 38
4 ANOS 14 2
5 ANOS 12 -

  

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. PRIMARIA 0** 2
0 -
4 1
2 -
21 1
1 -

*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

CALENDARIO 

11 DE XANEIRO A 8 DE FEBREIRO 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AOS CENTROS ADSCRITOS (IES DE PONTEPEDRIÑA E IES DE SAR)     

Deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado             (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado

(ED550A: ANEXO I e  ANEXO I bis)    (SERÁ FACILITADO POLO CENTRO) 

ANTES DO

1 DE MARZO

RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2022

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "A" e "Z".

ANTES DO

1 DE MARZO

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES

1 A 21 DE MARZO

 

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 SOLICITUDES

Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2022

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial. 

ED550B-G ou ED550B-C 

10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Cando non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou admisión

CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN 

Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.

ANTES DO 25 DE ABRIL

 

*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES)

ANTES DO 15 DE MAIO

*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 21/04/2022. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre

Quedando admitido todo o alumnado que presentou a solicitude en forma e prazo para os cursos onde había vacantes. 

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.31 MB
ED550B-C.pdf1.32 MB
CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN CEIP RAMÓN CABANILLAS 2022.pdf100.27 KB


page | by Dr. Radut