Skip to Content

Magosto 2021

 castañas asadas

Castañas asadas pola ANPA das Brañas

Despois dun ano difícil, dun ano complexo no que non puidemos celebrar este evento…, o CEIP Ramón Cabanillas recupera o sorriso cun MAGOSTO colaborativo.

Cun sorriso compartido.

Alumna gozando do magosto

Un sorriso que vale máis que 1.000 palabras

1) A ANPA “As Brañas” (pais e nais voluntarios) trouxo castañas que asaron nas grellas cedidas xentilmente pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, durante toda a mañá.

GRAZAS!!!

2) O profesorado fixo unha organización de clases especial e preparou recursos específicos inclusivos, para celebrar todas e todos, con xogos populares este evento. Os nosos coidadores, a nosa conserxe e o persoal traballador do centro (limpeza e administración) fixeron da mañá un lugar seguro no que estar.

GRAZAS!!!

3) E que dicir do alumnado do CEIP Ramón Cabanillas?
Os grupos de sexto, unidos pero non revoltos (a COVID aínda non nos deixa), colaboraron guiando por quendas ao resto dos grupos do cole (cuxo comportamento foi fenomenal!) no desenvolvemento das actividades realizadas no exterior (xogos e degustación de castañas). Isto foi posible grazas ao labor organizativo e de preparación dos docentes de educación física.

Colaboradores de 6º A

Colaboradoras/es de 6ºA

Colaboradores de 6º B

Colaboradoras/es de 6ºB

GRAZAS!!!

  • Fácil? Non
  • Posible? Si

Xuntas/os facemos da aprendizaxe un proceso de equipo, de sociedade, no que todas/os participamos: CONVIVIMOS.

Grazas a toda a Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas e Feliz Magosto!!!

Algúns membros da ANPA

Algúns dos pais e nais voluntarios da ANPA As Brañas 

 Pincha na galería de imaxes. Pode que te atopes.



page | by Dr. Radut