INFORMACION NA XORNADA DE PORTAS ABERTAS
VACANTES
PRAZAS | SOLICITUDES ENTREGADAS | ||
E. INFANTIL | 3 ANOS | 50* | 34 |
4 ANOS | 9 | 0 | |
5 ANOS | 1 | 3 |
PRAZAS | SOLICITUDES ENTREGADAS | ||
E. PRIMARIA | 1º | 0** | 1 |
2º | 1 | 2 | |
3º | 2 | 0 | |
4º | 0 | 0 | |
5º | 0 | 0 | |
6º | 2 | 0 |
*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae).
**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae).
CALENDARIO
11 DE XANEIRO A 8 DE FEBREIRO |
RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AOS CENTROS ADSCRITOS (IES DE PONTEPEDRIÑA E IES DE SAR) Deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A: ANEXO I e ANEXO I bis) (SERÁ FACILITADO POLO CENTRO) |
25 DE FEBREIRO | ÁS 10:30, no Salón de actos nº 2 (pequeno) da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. SORTEO PÚBLICO A EFECTOS DE DESEMPATE |
ATA O 1 DE MARZO | PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES |
1 A 22 DE MARZO
|
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (XUNTO COA FOTOCOPIA COTEXADA DO LIBRO DE FAMILIA OU DNI DO ALUMNO/A) As solicitudes de admisión presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). A) Cubrindo os datos na aplicación e entregandoa no Centro co código xerado B) Presentando a solicitude en Sede Electrónica desde a aplicación Tamén se poderán presentar sen empregar a aplicación de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado (ED550B/Anexo II) |
10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
|
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. Os demáis documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro. |
ATA O 25 DE ABRIL
|
*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES 3 DÍAS HÁBILES) |
ATA O 15 DE MAIO
|
*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS |
DO 20 AO 30 DE XUÑO
|
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA |
Artigo 18. Cómputo de prazos
Para efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
*As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas serán elaboradas, exclusivamente, mediante a aplicación admisionalumnado, e a súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do Centro).
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo). Non obstante, nas páxinas web poderase anunciar o momento en que as listaxes estean dispoñibles na aplicación.
INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS
DECRETO 254/2012 ADMISIÓN ALUMNADO
ORDE 12 MARZO 2013. PROCESO DE ADMISIÓN
ORDE (25/01/2017) POLA QUE SE MODIFICA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
ORDE 18 DECEMBRO 2020. MODIFICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO
ANEXO II. SOLICITUDE DE ADMISIÓN
ZONA DE ESCOLARIZACIÓN DO CEIP RAMÓN CABANILLAS
RELACIÓN DE RUTAS E PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR
CRITERIO COMPLEMENTARIO ADMISIÓN
INFORMACIÓN DO CRITERIO DA RENDA ANUAL
RESOLUCIÓN DO SORTEO PÚBLICO PARA O DESEMPATE NA PUNTUACIÓN FINAL
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN: PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 15/04/2021. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 11/05/2021. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre
_____________________________________________________
DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ENTREGARSE PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (DO 20 AO 30 DE XUÑO)
- SOLICITUDE CUMPRIMENTADA ANEXO III INFANTIL ANEXO III PRIMARIA ANEXO III XENÉRICO
- FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA
- FOTOCOPIA DE VACINAS ADMINISTRADAS.
- FOTOCOPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL.
- FOTOCOPIA do DNI dos pais/nais/titores/as legais.
- 2 FOTOS CARNET
- XUSTIFICANTE USO DA IMAXE PERSOAL
- OPCIÓN SOBRE RELIXIÓN
- OPCIÓN PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA
- AUTORIZACIÓN ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
- CUESTIONARIO LINGUA MATERNA (en tres anos)
- CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (no caso de cambio de centro)