Skip to Content

Novas

ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES

Publicadas as listaxes de admitidos nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2015/16

 

Enlace coa web do Concello

AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

 ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Prazo: 2 de setembro a 1 de outubro

Máis información

Impresos de solicitude

MATERIAL ESCOLAR

Listado de material para o alumnado de Educación Infantil

As familias entregarán o material na aula correspondente ao seu fillo/a o día 7 de setembro de 10 a 13h nunha bolsa co nome e curso.

CALENDARIO ESCOLAR 2015/2016

Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2015/2016

 No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.

Enlace                        Calendario 

VALES AXUDAS LIBROS DE TEXTO

ENTREGA DOS VALES DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO  DE ALUMNADO MATRICULADO EN 1º, 2º, 4º E 6º DE E. PRIMARIA PARA O CURSO 2015/2016 SERÁ O DÍA 9 DE XULLO DE 9:30 A 14 HORAS. 

REUNIÓN ED. INFANTIL 3 ANOS

Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2015-2016.

Terán unha reunión colectiva co profesorado o luns 29 de xuño, ás 10:00 horas, no Colexio.

Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 22 ao 30 de xuño.

APERTURA DOS PRAZOS DE PRE-INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

Abrirase un prazo  entre os días 15 e 25 de xuño (ambos os dous incluídos), para a  preinscrición nos Servizos de Comedor e de Madrugadores.

O impreso de solicitude de preinscrición, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo)

O modelo oficial poderá descargarse da páxina web do Concello de Santiago de Compostela www.santiagodecompostela.org 

 ou solicitalo no Departamento de Educación (Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), así como nos  centros de ensino obxecto desta convocatoria, comedores escolares e na páxina  de comedores escolares www.serunioneduca.com <http://www.serunioneduca.com/>

 Información                    Impreso de preinscrición

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/16

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN PARA O VERÁN

Aberto ata o 6 de xuño o prazo de matrícula no Programa  Municipal de Conciliación para o Verán.

Máis información

LIBROS DE TEXTO

SOLICITUDE BOLSAS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2015/2016

Publícanse as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor para o alumnado dos centros docentes públicos e privados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2015/2016.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. (Publicado o venres, 8 de maio)

 

Lugares de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, rúa Presidente Salvador Allende, 2-4 ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo

Máis información e impresos

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN SEMANA SANTA

Programa de conciliación laboral do Concello para alumnado escolarizado en Santiago.

Datas de inscrición: 2 ao 13 de marzo.

Lugares de celebración: CEIP As Fontiñas, CEIP Raiña Fabiola e CEIP Roxos-Villestro.

Máis información e impresos de matrícula.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2014

Prazos de inscrición e matrícula: dende o luns 24 de novembro ata o 5 de decembro (ambos os dous incluidos).

Destinatarios: nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

      Lugar de realizacion: CEIP As Fontiñas

Datas de realización: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2015.

 

Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago ou estar matriculados nun centro educativo do municipio de Santiago (neste caso deberán achegar certificación expedida polo centro donde estuda, indicando nome e apelidos do neno/a matriculado e curso).

  

As admisións realizaranse por riguroso orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles. 

 

Proceso de inscrición      Ficha de inscrición 

 

   Máis información:

Concello de Santiago de Compostela

Departamento de Educación

Tel: 981 55 44 00

Fax: 981 57 15 11

dptoeducacion @santiagodecompostela.org

www.santiagodecompostela.org

 

ELECCIÓNS REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR

Lémbrase que as votacións de pais, nais e titores/as legais de alumnado para a renovación do Consello Escolar do Centro realizaranse o martes 25 de novembro de 09:10 a 14:05.

Proclamación dos novos representantes Composición do Consello Escolar despois da renovación

VALES AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2014/15

ENTREGA DOS VALES DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2014/2015 SERÁ O DÍA 9 DE XULLO DE 9:30 A 14 HORAS. 

BOLSAS COMEDOR ESCOLAR

No  BOP do 30/06/2014   saìu publicada a convocatoria de bolsas de comedor. 

O prazo para presentar as solicitudes comeza o 1 e remata o 11 de xullo.

Máis información:

http://www.santiagodecompostela.org/e_santiago/anuncios.php?lg=gal#2688

 Edificio CERSIA

Rúa Álcalde Raimundo López Pol, s/n-San Lázaro
Tfnos.: 981 554 400/401
Fax: 981 571 511

dptoeducacion@santiagodecompostela.org

MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES CURSO 2014/15

 Ábrese un prazo de presentación entre os días 20 e 30 de xuño de 2014 (ambos os dous incluídos), para a solicitude dos Servizos de Comedor e de Madrugadores en calquera dos seguintes centros de educación infantil e primaria públicos de Compostela: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

 _ O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto, acompañado da documentación solicitada, entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou nos Rexistros auxiliares do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo) e do CERSIA (Avda. Alcalde Raimundo López s/n), e os sábados só no Rexistro Xeral, en horario de 9 ás 14 horas.

 Xunto coa folla de matrícula deberá achegar a ficha de facturación da empresa SERUNIÓN aos efectos de domiciliación dos pagos, única forma de pago establecida.

 

Máis información e documentación:

http://www.santiagodecompostela.org/e_santiago/anuncios.php?lg=gal#2688

 

REUNIÓN E. INFANTIL 3 ANOS

Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2014-2015.

Terán unha reunión colectiva co profesorado o día 26 de xuño ás 11:30 horas no Colexio.

Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 20 ao 30 de xuño.

GRATUIDADE SOLIDARIA 2014/2015

Publicada no DOG (30/05/2014) a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2014-2015

O prazo de solicitude será desde o 2 de xuño ata o 2 de xullo para o alumnado de primaria e de educación especial; do 25 de xuño ao 28 de xullo para o da ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e do 2 setembro ao 2 de outubro para os que fagan matrícula extraordinaria. Toda a información e as solicitudes pode atoparse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia.

ENLACE 

SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

Formalización de matrícula nos servizos de comedor e madrugadores que leva o Concello na rede de centros públicos de Santiago.

(Prazo: do 4 ao 11 de setembro de 2013)

PDF con máis información           Páxina web do Concello de Santiago

 


Distribuir contido


by Dr. Radut