Skip to Content

Complementarias

CANS DE FAMILIA

Actividade organizada polo Club de Cans de Familia "Só lles falta falar" (en colaboración co Concello de Santiago), co programa "Visitas, taller de perderlle o medo aos cans" para que os rapaces/as aprendan a achegarse a eles e distingan os sinais de perigo real dos que non o son. Adaptada á idade do alumnado.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída didáctica organizada polo Concello polo casco histórico da cidade e visita ao Castelo da Rocha.

SAÍDA DIDÁCTICA

Percorrido polo casco histórico do alumnado de 1º e visita á Praza de Abastos, organizada polo mercado, onde se lles deu información detallada dos seus produtos.

SAÍDA DIDÁCTICA

Desta vez foi o alumnado de 4º de primaria o que percorreu o casco histórico da cidade e seguiu as explicacións sobre a antiga muralla e as súas portas.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saida guiada do alumnado de 3º organizada polo Concello, percorrendo a zona histórica da cidade e a antiga muralla, saíndo da Porta de San Roque.

EXPOSICIÓNS

FOTOS DA EXPOSICIÓN FOTOS DA EXPOSICIÓN

O vindeiro martes, 14 de novembro, dende as 16 ata as 19 horas, poderán visitar as dúas exposicións que temos nos nosos corredores con fotografías da evolución histórica de Sar (cedida polo Espazo Veciñal de Sar), conxuntamente coa exposición sobre o outono con diferentes composicións plásticas realizadas polo alumnado.

SAÍDA DIDÁCTICA

Breve percorrido polo casco histórico do alumnado de 2º con visita á Praza de Abastos, organizada polo propio mercado, onde se lles deu información detallada da súa actividade.

SAÍDA DIDÁCTICA

CHARLAS

Durante os días 8 e 9 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria asistiu a unhas charlas relacionadas co Proxecto Escolar deste curso: " A Idade Media; O Camiño de Santiago". Foron impartidas por David Chao, pai de Tomás de 4º. David Chao é historiador e con el aprendimos moitas cousas sobre a orixe do Camiño, lendas, diferentes rutas, vestimenta,... Resultaron do máis entretidas e motivadoras para o alumnado. Por todo iso agradecemos publicamente a implicación das familias nos proxectos escolares dos seus fillos/as. Neste caso, moitas grazas David Chao!

COMPOSTAXE

Dous membros de ADEGA deron unha charla didáctica ao alumnado de 4º de primaria sobre a reutilización dos residuos orgánicos. Logo montaron por grupos dous composteiros no patio para depositar os restos dos alimentos e seguir o proceso de transformación en abono ao longo do curso.

MAGOSTO 2017

VENRES, 27 DE OUTUBRO

MÁIS INFORMACIÓN

GALERÍA DE FOTOS

EDUCACIÓN VIARIA

Charla de educación vial para o alumnado de 4º de primaria por parte da Policía Local e paseo pola contorna para poñer en práctica todo o que aprendimos.

EXPOSICIÓN DO OUTONO

Dende o Centro queremos celebrar a chegada do outono cunha exposición (ler máis)

SAÍDA

O alumnado de 4º de primaria asistiu á proxección dunha película  no Teatro Principal  dentro da 14ª edición do Festival "Curtocircuito"

PASEO DIDÁCTICO POLAS BRAÑAS DE SAR

Saída didáctica polo entorno do alumnado de 4º e 6º guiados por Quique Álvarez, biólogo e especialista en ecosistemas. (Moitas grazas polas túas explicacións)

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

MANZANEDA (6º PRIMARIA)
A BAROSA (3º E 4º PRIMARIA)
PORTO DO SON/CASTRO DE BAROÑA/CABÍO (5º PRIMARIA)
 A BAROSA (1º E 2º PRIMARIA)

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 "A MELLOR SOPA DO MUNDO"  "A VODA DOS RATOS"
 "A GALIÑA AZUL"

 "GRUPO COLEXIATA DE SAR"

-MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN-

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída didáctica do alumnado de 1º de primaria á Galería Sargadelos para a participación na "XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura" organizada polo Concello e a Editorial Kalandraka.

SESIÓN DIDÁCTICA INSTRUMENTOS MUSICAIS

"Quén é quén: Os instrumentos musicais que viven na Escola Municipal de Música" é o título do ciclo de sesións didácticas que organiza o Departamento de Educación do Concello. Estiveron na aula de música do Centro Rocío Balboa (frauta traveseira) e Pilar López (contrabaixo) para impartir unha sesión didáctica ao alumnado de 1º.

SAÍDA DIDÁCTICA

Xornada didáctica nas estacións de tratamento de augas do Tambre e depuradora de augas residuais de Arins para o alumnado de 6º de primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut