Skip to Content

Curso 2016/17

EXPOSICIÓN

"Refuxiados no Camiño" de Gabriel Tizón. No Colexio temos aberta a exposición de fotografías realizadas nos campamentos de Idomeni (Turquía). Levaremos a cabo unha xornada de portas abertas ás familias o vindeiro martes, día 29, de 9 a 18:30 horas.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NADAL

Aberto ata o 2 de DECEMBRO o prazo de matrícula no Programa  Municipal de Conciliación para o Nadal 2016.

MAIS INFORMACIÓN

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 04 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

NOVAS

  • ESTÁ EXPOSTO NO CENTRO O CENSO DE PAIS/NAIS/TITORES/AS LEGAIS

 CANDIDATURAS ELIXIDAS

Representantes de pais/nais
Lorena Boga Veiras
Laura Grandío Rodríguez
Representantes do profesorado
Mª Teresa Castro Parga
Rosa Mª Vicente Álvarez
Josefa Vigo Lancho
Representante do persoal de administración e servizos
Mª Victoria Castrelo Paz

DETRÁS DO PEDROSO (Novembro 2016)

Detrás do Pedroso

Estaba Don Pinocho

Dicindo que contara

Ata vinte e oito

Eu non lle fixen caso

E contei ata oito

Un, dous, tres, catro,

Cinco, seis, sete, oito

Detrás do Pedroso from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.

CHICLE MÁIS CHICLE (II) (Novembro 2016)

 

Máis fotos Video

Chicle máis chicle (II) from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.

MAGOSTO 2016

VENRES, 11 DE NOVEMBRO

MÁIS INFORMACIÓN

GALERÍA DE FOTOS

CHICLE MÁIS CHICLE (Novembro 2016)

O alumnado máis maior (neste caso de 4º de primaria) vólcanse cos xogos populares no colexio. Preparan na aula traballos sobre cancións populares e baixan ao patio coa súa propia goma para ensinar aos máis pequenos o xogo de Chicle Americano. Aínda estamos en fase de aprendizaxe, que é o mellor de crecer (o camiño). 

Chicle máis chicle
Máis chicle americano
Me abro, me pecho
piso e saio
Chicle máis chicle
Máis chicle americano
Se estira se encolle
As tripas de San Jorge
Xa sabemos dúas versións, ti sabes outra? A ver!

Chicle máis chicle from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.

"NON TE QUEDES AÍ: VEN XOGAR" (Outubro 2016)

"O tempo de lecer é un espazo propio e persoal, no que o alumnado pode dispoñer del como queira... 

En tempos pasados non era difícil pensar que facer, sobre todo porque de nenas e nenos non podiamos parar de andar de un lado para outro.

Hoxe en día as dificultades de atopar exemplos vivos de xogos grupais é moi difícil, xogar na rúa non parece estar de moda, ... LER MÁIS

PASEO POLAS BRAÑAS DO SAR

En colaboración co CIAC do Concello de Santiago o alumnado de 4º de primaria realizou unha actividade para coñecer a flora, fauna e unha análise medioambiental das Brañas do Sar.

LECTURAS TERRORÍFICAS

E hoxe rematamos coas "lecturas terroríficas"

Grazas pola participación!

PASEO DIDÁCTICO

 

O pasado día 21, as clases de 5º fomos dar un paseo polas Brañas do Sar. Acompañounos unha guía, Inés ... ler máis

 

CONTACONTOS DE MEDO

Menudo ambientazo nas lecturas de hoxe na biblioteca!! con caracterización incluídaa!

CONTO DE MEDO by 6ºB

EN 6ºB  CÓNTANNOS UNHA HISTORIA DE MEDO

 


5:19 minutes (12.19 MB)

NOVAS DA BIBLIO

E hoxe...As primeiras lecturas terroríficas da semanaaaa... Xa chegaron os primeiros exemplares do xornal escolar "O Papagaio" pasade a botarlles unha ollada, quedaredes enganchados ás súas "novas"

 

24 de outubro 2016 by 6ºA

Compañeiros/as de 6ºA recitan o poema feito por eles "Xa chegou o outono"

 

 

 


2:25 minutes (1.66 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

Dous membros da policía local impartiron unhas charlas sobre educación vial aos alumnos/as de 4º de primaria, ao remate levaron a cabo unha saída didáctica polo entorno na que practicaron os bos hábitos aprendidos e viron os riscos das malas prácticas que a xente fai a diario.

SAMAÍN NA BIBLIO

Un curso máis a biblioteca do cole ten as súas portas abertas  xa dende o día 3 de outubro. Como xa o Samaín anda rondando, podedes ver a exposición de libros de medo que temos para vós. Tamén na semana do 24 ao 28 de outubro haberá "Lecturas terroríficas" na hora do recreo; apúntate a ler ou vén escoitatr, si te atreveeeeeesssss!!!

VISITA ESPECIAL

Hoxe visitounos fugazmente un faisán.

Aquí tedes as imaxes

 

Distribuir contido


by Dr. Radut