Este xoves 26 tivemos a segunda sesión de "Xoves de Conto". Mónica contounos o conto " A Grande Viaxe", encantounos e rematamos facendo un orixinal debuxo en 3D!
Organizado polo Auditorio de Galicia, o alumnado de 2º de primaria acudiu á representación da compañía de títeres Cachirulo "O libro da Selva" no Teatro Principal. Antes poideron ver unha fermosa exposición. Esta actividade terá unha continuación no Colexio xa que a mesma compañía desprazarase para realizar unha sesión didáctica ao mesmo alumnado.
Hoxe iniciamos as sesións de contacontos dos xoves tarde! Grazas Mónica Fernández por continuar colaborando con esta actividade! O conto de hoxe foi "El mejor regalo de cumpleaños del mundo", podedes ver nas fotos o ben que o pasamos! Despois construimos a nosa marioneta de pau! Xenial!!
Percorrido histórico de 6º de primaria pola cidade co obxectivo de identificar os principais períodos históricos presentes na configuración da cidade. Programa do Concello "Vivir Santiago"
Anxo, de primeiro de primaria, sorprendeunos cun xogo "ancestral": o peón, peonza ou trompo,... que é moi curioso porque aprender a bailar o trompo non é nada sinxelo, pero é moi divertido. Require: atención, paciencia, observación, análise, destreza, esforzo e perseverancia... Jesús! Parece que estiveramos a falar das mates de sexto de primaria!!! Atréveste!! Pídelle aos reis o teu trompo e botamos unha partida á volta de Nadal!! Que!! Vai!!
Todo o Centro participou nunha experiencia para chamar a atención contra a violencia: Realizamos unha "Mancha da vergoña" que á semana seguinte quitaron representando a idea de evitar que alguén faga dano a outros e denuncialo. Os alumnos/as de 6ºA e 6ºB realizaron unha pancarta para concienciar ao alumnado e ás familias
Representantes de pais/naisLorena Boga VeirasLaura Grandío RodríguezRepresentantes do profesoradoMª Teresa Castro PargaRosa Mª Vicente ÁlvarezJosefa Vigo LanchoRepresentante do persoal de administración e servizosMª Victoria Castrelo Paz
Para o alumnado de 1º houbo un contacontos sobre os refuxiados no mundo de catro voluntarias de "Médicos sen Fronteiras". Tratou sobre a idea de compartir, de respectar as diferencias e incluso sacarlles partido...