A emisión de hoxe é do alumnado de 6º de infantil A. Cóntannos cómo foron as súas primeiras saídas á rúa e tamén nos agasallan con pareados cos seus nomes.
Dende o EDLG do CEIP Ramón Cabanillas as grazas a todos/as queremos dar pola vosa colaboración e axuda e o Día das Letras Galegas poder festexar. Se todos os pareados queres ver, terás que ir á nosa páxina web. E se o teu pareado queres atopar, no noso mosaico terás que pinchar.
Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparedes unha gran variedade de recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…). Mirade en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
Este ano dedicamos o "Día de Rosalía" á EMIGRACIÓN e por iso preparamos unha edición especial de 2ºA co poema "AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES". Grazas a todos/as os/as que colaborastes.
"Romántica Flor da Camelia" de Rosalía Morlán Vieites, recitada por Lucía (2ºB) na "XI Exposición da Camelia" do Centro Socio Cultural da Rocha Vella (Santiago)