Skip to Content

Complementarias

SAÍDA DIDÁCTICA

Xornada didáctica coa Policía Local, percorrendo as rúas e visitando as dependencias municipais para completar a formación sobre educación viaria que impartiron no Centro no 1º trimestre.

ACTIVIDADE DIDÁCTICA

Continuando coas clases didácticas da Escola Municipal de Música, desta vez o alumnado de 2º asistiu no Colexio a unha demostración práctica de trompeta e trombón.

SAÍDA DIDÁCTICA

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria saíron ao Teatro Principal a unha actividade organizada polo Concello titulada "O Faiado".

CHARLAS DIDÁCTICAS

Dende o luns 11 ata o mércores 13 de febreiro todo o alumnado do Centro asistiu ás charlas sobre a prevención de incendios, organizadas por Voz Natura e a Garda Civil de Brión (dentro do Plan Director) sobre a prevención de incendios e protección da natureza.

ACTIVIDADE MUSICAL

A través do Departamento de Educación do Concello achegáronse ao Centro dous profesores da Escola Municipal de Música para realizar unha actividade didáctica sobre o trombón e a trompeta, explicando as súas características e interpretando catro pezas musicais para o alumnado de 1º de primaria.

SAÍDA DIDÁCTICA

O alumnado de 4º a 6º de primaria asistiu no Teatro Principal á representación da obra "O secuestro da Bibliotecaria"

MURAL POLA PAZ 2019

SAÍDA DIDÁCTICA

Sesión de cine no Auditorio de Galicia para 4º de Primaria. Proxectáronse varias pezas audiovisuais relacionadas coa ecoloxía, a concienciación medioambiental e de como coidar a nosa contorna e así o noso futuro. Ao remate realizouse un cinefórum.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída organizada pola Oficina de Correos de Santiago do alumnado de 5º e 6º de primaria, no mes de decembro, na que enviaron cartas de felicitación de Nadal a familiares e amigos e visitaron as súas instalacións.

NADAL 2018

  
     
       
VISITA DOS REIS MAGOS ACTUACIÓNS NAS AULAS ACTUACIÓNS EN GRUPO

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita guiada e organizada pola USC ao Pazo de Fonseca para 5º de Infantil, saída complementaria ao traballado na aula sobre o Renacemento.

OBRADOIRO DE ORIGAMI

Obradoiro de Origami para o alumnado de 2º impartido por Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Galicia-Xapón.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída ao Auditorio de Galicia do alumnado de 3º e 4º de primaria para asistir á adaptación da obra que leron nas aulas "O Espantallo Amigo"  de Neira Vilas por parte de "Os Quinquilláns"

EXPOSICIÓN OUTONO

Dende o Centro queremos celebrar a chegada do outono cunha exposición (ler máis)

FOTOS DA EXPOSICIÓN

MAGOSTO 2018

VENRES, 2 DE NOVEMBRO

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

EDUCACIÓN VIAL

Charla de educación vial para o alumnado de 4º de primaria. Xornada de formación da Policía Local sobre aspectos básicos da seguridade viaria,  cando a climatoloxía o permita sairán á rúa para levar a cabo unha sesión práctica.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Teatro Principal para asistir á proxección da serie de curtametraxes "Criaturas" dentro da programación do "Festival Curtocircuito 2018"

ACTUACIÓN

Actuación no patio do artista Paco Nogueiras para infantil e 1º a 4º de primaria co seu espectáculo Radio Bulebule.

GALA EDUCACIÓN VIARIA

Despois de haber participado no Programa de Educación Viaria da Policía Local, os alumnos e alumnas de 4º de primaria asistimos á Gala de Clausura no Auditorio de Galicia.

    Enlace web da Policía Local

EXCURSIÓN

Excursión de fin de curso de 5º e 6º de primaria ás Illas Cíes.

Distribuir contido


by Dr. Radut