Skip to Content

Dinamización lectora

XOVES DE CONTO

Xa deron comenzo as xornadas de "Xoves de Conto" a cargo da dinamizadora cultural da ANPA Mónica Fernández, aí van unhas fotos da actividade. Grazas!!

LECTURAS NA BIBLIO

Imaxes das lecturas na Biblioteca que se celebran os últimos mércores de cada mes.

Moitas grazas ao noso alumnado pola súa entusiasta participación.

NOVAS DA BIBLIOTECA

Iniciamos un ano máis a actividade "Xoves de Conto", impartida por Mónica Fernández.

Enlace ás quendas e modelo de autorizacións para a asistencia ás sesións.

BIBLIOTECA

Na Biblioteca temos moitas novidades na sección audiovisual, pasade a ver porque é "Tempo de Cine"

CONTACONTOS

Hoxe disfrutamos doutro "Mércores de Conto" por parte no noso alumnado, escoitamos historias entretidas e sobretodo moi ben interpretadas, noraboa a todas as contacontos e aos asistentes.

LECTURAS NA BIBLIO

O pasado mércores, 25 de novembro, tiveron lugar as primeiras lecturas na Biblioteca por parte do alumnado. Esta actividade realizarase no recreo de todos os últimos mércores de cada mes, aquí tedes unha mostra.

CONTACONTOS DE MEDO

E hoxe, 3 de novembro, remataron as lecturas terroríficas!!

SAMAÍN NA BIBLIO

    
 

MOCHILA VIAXEIRA

Iniciamos estes días unha nova actividade: "Mochilas e bolsas viaxeiras". A finalidade é achegar o material da Biblioteca a toda a comunidade e disfrutar en familia dun tempo de lecer cos libros, documentais, películas, etc. Esperamos que a recibades coa mesma ilusión coa que a poñemos en marcha!!

XOVES DE CONTO

O xoves, 28 de maio,, tivemos a derradeira sesión de "Xoves de Conto". Aquí vos deixamos algunha foto e esperamos voltar o vindeiro curso, foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora.

Grazas Mónica !!!

CONTACONTOS

A última sesión de "Xoves de Conto" coincidiu co Día do Libro!!!, o 23 de abril, xa sabedes por qué se celebra nesa data??? Aínda non??? Pois... a investigar!!! Mirade o ben que o pasamos!!!

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Na biblioteca do Cole sumámonos ás celebracións do cuarto centenario da publicación da segunda parte de "El Quijote", pásate a ver os libros que temos e le ou volve ler esta incrible aventura, esperámoste!!!

EXPOSICIÓN

Aproveitando o lema elixido este curso para as bibliotecas escolares: "Biblioteca Escolar...matemático"!!! podes ver expostos unha morea de libros na biblioteca. Achégate e descubre a diversión e moitas emocións coas Matemáticas

GARCÍA TEIJEIRO

O autor Antonio García Teijeiro estivo na Biblioteca cos alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria,  xogaron entre todos  a facer poesía. Ao remate asinou unha chea de libros.

XOVES DE CONTO

Con Mónica e con "La Bruja Maruja", asombrámonos e divertímonos escoitando os líos nos que se mete esta aloucada. Tamén inventamos un conto entre tod@s nós, o conto do canciño Flufi e os seus amigos; e, para rematar, fixemos os nosos gatos negros de bruxa, cadanseu á súa maneira: rabudo, rabeno, cabezón, paticurto, fachendoso... Foron momentos meigos!

XOVES DE CONTO

O xoves 12 de marzo celebrouse a quinta sesión de "Xoves de Conto" na Biblioteca do Cole; Mónica contounos o conto de "Imos a cazar un oso" e tamén "Sopla el viento", finalmente coloreamos o oso e ata lle puxemos purpurina!!!

RAMÓN CARIDE

Hoxe, 12 de marzo, veunos visitar ao Cole o escritor Ramón Caride. Estivo co alumnado de terceiro e cuarto e falamos do libro "As andanzas da Xan Farrapeiro". contounos cousas da súa vida, de como chegou a escribir este conto e moitas historias máis relacionadas co libro que limos e tanto nos gustou. Ao remate asinounos os libros a todos nós, pasámolo xenial!!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Na sesión de "Xoves de Conto" do día 26 de febreiro, limos os libros ""La Princesa y la Cerdita" e "A vaca que puxo un ovo", rematamos facendo un porquiño!!!

Outra vez fantástico!!!

XOVES DE CONTO 12 DE FEBREIRO

Imaxes da sesión "Xoves de Conto", esta vez acabamos facendo un antiface!!! Fantástico!!!

ENTROIDO NA BIBLIO

Chegou o tempo do Entroido e dende a Biblioteca querémosvos animar a que preparedes os vosos disfraces e maquillaxes, vinde ver os libros que vos axudarán!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut