Skip to Content

Dinamización lectora

XOVES DE CONTO

Hoxe iniciamos as sesións de contacontos dos xoves tarde! Grazas Mónica Fernández por continuar colaborando con esta actividade! O conto de hoxe foi "El mejor regalo de cumpleaños del mundo", podedes ver nas fotos o ben que o pasamos! Despois construimos a nosa marioneta de pau! Xenial!!

LECTURAS TERRORÍFICAS

E hoxe rematamos coas "lecturas terroríficas"

Grazas pola participación!

CONTACONTOS DE MEDO

Menudo ambientazo nas lecturas de hoxe na biblioteca!! con caracterización incluídaa!

NOVAS DA BIBLIO

E hoxe...As primeiras lecturas terroríficas da semanaaaa... Xa chegaron os primeiros exemplares do xornal escolar "O Papagaio" pasade a botarlles unha ollada, quedaredes enganchados ás súas "novas"

 

SAMAÍN NA BIBLIO

Un curso máis a biblioteca do cole ten as súas portas abertas  xa dende o día 3 de outubro. Como xa o Samaín anda rondando, podedes ver a exposición de libros de medo que temos para vós. Tamén na semana do 24 ao 28 de outubro haberá "Lecturas terroríficas" na hora do recreo; apúntate a ler ou vén escoitatr, si te atreveeeeeesssss!!!

XOVES DE CONTO

Hoxe 26 de maio chegou a última sesión de "Xoves de Conto" neste curso 2015/16. Agradecemos a Mónica Fernández toda a súa dedicación xa que foi a que fixo posible que, por segundo ano consecutivo, se celebrase esta actividade no noso Centro.

 

O conto de hoxe foi "As Estrelas Revoltonas"

CONTACONTOS

Hoxe, 24 de maio, na biblioteca acompañounos ao alumnado de Ed. Infantil o contador de contos Pablo Díaz con quen disfrutamos do conto "Feliz Feroz", Fíxonos rir moito!! Grazas, Pablo!!

RECITADO

Hoxe, 19 de maio, no recreo  dentro da actividade de "Poemas de maio" a alumna de 5ºA Clara López Villar recitounos o poema de Manuel María "O Sol", aí van unhas fotos deste momento.

CONTACONTOS

Hoxe, 16 de maio, tivemos dús sesións de contacontos co alumnado de infantil de 4 e 5 anos coa mestra e autora do libro "O Zapateiro" María José Gulín. Foi moi entretido e pasámolo moi ben!!

XOVES DE CONTO

O xoves, 12 de maio, Mónica Fernández contounos o conto " A Xoaniña Rosmona". Foi moi divertido e ao rematar creamos unha paisaxe con aromas incluídos!! Xenial!!

CHARLA

Hoxe venres, 13 de maio, estivo co alumnado de 3º e 4º de primaria o escritor Silvestre Gómez, autor do libro que limos conxuntamente nas aulas "Ti non xogas".

Contounos moitas cousas relacionadas co oficio de escribir e tamén asinou os nosos libros e no do Cole. Moitas grazas, Silvestre!!

XOVES DE CONTO

No último xoves de abril escoitamos con Mónica "O Camiño que non leva a ningunha parte" de Gianni Rodari, rematamos construindo un fermoso xoguete, un "chuflador". Foi xenial!

LECTURAS NA BIBLIO

Como cada último mércores de mes disfrutamos de lecturas de contos na Biblioteca! Qué ben o pasamos!

CONTACONTOS

O venres, 22 de abril, amenizounos a mañá a fantástica contacontos María da Pontragha, cuns contos tradicionais e unhas cancións que fixeron as delicias dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Moitas grazas polas túas historias!

 

CONTACONTOS

Sandra Vázquez (nai de Lara Oviedo) ofreceu ao alumnado de 4º de infantil o contacontos "O animal máis forte do mundo" baseado nunha lenda africana da tribu dos Masai. Pasámolo moi ben e queremos agradecerlle a súa colaboración.

CHARLA

Este mércores a escritora Ana Alonso veunos falar aos alumn@s de 5º e 6º de primaria. Nas aulas limos un dos seus libros "Una mano en la piedra" que trata dunha aventura "prehistórica" na liña do proxecto que todo o Cole está a traballar ao longo de todo o curso. Pasámolo moi ben e animounos a sacar ao escritor ou escritora que levamos dentro.

XOVES DE CONTO

Na actividade de "Xoves de Conto" do día 14 de abril o alumnado de Ed. Infantil disfrutou con Mónica Fernández do conto "Completamente diferente" e remataron a actividade pintando ao hipopótamo Bombolín de todas as cores porque todas son válidas e fermosas.

XOVES DE CONTO

Hoxe rematamos o mes dunha das mellores maneiras posibles: coa actividade "Xoves de Conto" escoitando e disfrutando das historias de "As dentaduras de Paco Palma" que tan ben nos contou Mónica. Despois, coma sempre un orixinal traballo artesanal.

XOVES DE CONTO

Aí van unhas fotos para que comprobedes o ben que o pasou o alumnado de Ed. Infantil que asistiu á sesión de "Xoves de Conto" do día 10 de marzo.

DÍA DA MULLER

E, como non podía ser doutra maneira, dende a Biblioteca do Cole unímonos ás celebracións do Día da Muller, aí vai unha pequena mostra do material que tendes á vosa disposición para traballar na igualdade

Distribuir contido


by Dr. Radut