Skip to Content

Complementarias

ENTROIDO 2020

VENRES, 21 DE FEBREIRO

CIRCULAR INFORMATIVA

GALERÍA DE FOTOS

CHARLAS DIDÁCTICAS CINE

Os días 19 e 20 de febreiro os nenos e nenas de 3º e 4º asistiron a unhas interesantes charlas didácticas sobre o son no cine, os traballos dos técnicos e creadores de sons. Tamén experimentaron engadindo sons nunha escena. As charlas foron impartidas por Cristina Iglesias, nai de Lola, moitas grazas!

CHARLA

"A Galiña Azul" de Carlos Casares é unha obra de plena actualidade que traballa valores que van desde a diversidade ata a tolerancia, pasando pola xenerosidade e a amizade... sen deixar de lado a política e a sociedade como construcción colectiva. Da man destes fenómenos baixo o abrigo de Tanxarina, pois non puidemos máis que gozar... Non so fomos ver unha obra ao teatro principal, senón ofereceron, en vivo, a comprensión da obra, a súa orixe e a creación das personaxes... para repetir!

"MULLERES E CIENCIA"

Janette Rodríguez (nai de dous alumnos do Centro), Andrea López e María García son tres mulleres científicas que traballan no CIMUS no equipo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson, dirixido polo doutor Labandeira. Con elas aprendimos moitas cousas e ata precipitamos ADN!!! e con elas rematamos en 2º e 5º de primaria o ciclo de charlas da USC "Mulleres e Ciencia"

CHARLA DIDÁCTICA

O martes, 11 de febreiro veu a visitarnos a directora e produtora galega Paula Cons, á que adicamos o mes de decembro no noso calendario. Falou do seu traballo no mundo do cine ao alumnado de 6º de infantil.

CHARLA

Continuando coas charlas divulgativas da USC sobre a conmemoración do 11 de febreiro do "Día Internacional da Muller na Ciencia" nesta ocasión asistiron os alumnos e alumnas de 3º de primaria e 5º e 6º de infantil.

CONCERTO

O día 13 de febreiro as nenas e nenos de 5º de primaria asistiron ao sensacional espectáculo de Con Fusión Píscore e a Banda Municipal de Santiago. Unha hora inesquencible no Auditorio de Galicia! Para repetir.

CHARLA

As nenas e nenos de 4º aprendimos moito sobre a ciencia e a investigación, tamén sobre o cerebro e o ADN!! Foi unha charla moi interesante e divertida.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída de 2º de primaria ao Teatro Principal para ver unha obra de teatro de Carlos Casares de plena actualidade (igualdade e diversidade), A Galiña Azul.

SAÍDA DIDÁCTICA

Actividade programada para 6º de primaria, visitaron as instalacións de Meteogalicia onde recibiron unha charla formativa sobre a meteoroloxía.

CHARLAS DIDÁCTICAS CONSUMO

Charla-Obradoiro de 1º a 4º de primaria sobre o consumo responsable no Nadal por membros da Escola Galega do Consumo.

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita do alumnado de 5º de primaria á exposición "Galicia, un relato no mundo" na Cidade da Cultura.

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita do alumnado de 5º de primaria ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía Muncyt Coruña.

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita dos alumnos e alumnas de 3º de primaria ás instalacións da clínica veterinaria Can Cat atendendo ás explicacións de Carmen Seoane, nai de Manuel de 3ºB.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída do alumnado de 6ºA de infantil ao Museo do Pobo Galego para asistir ao contacontos "Raposadas co neno Antonio", contos de tradición oral con monicreques para coñecer a figura de Antonio Fraguas e a creación do Museo.

MAGOSTO 2019

O VENRES 8 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO

EXPOSICIÓN OUTONO

Exposición de traballos realizados empregando materiais recollidos nesta estación.

CHARLA DIDÁCTICA Mª PAZ FERREIRO

A profesora da USC Mª Paz Ferreiro Cendán impartiu unha charla ao profesorado do Centro sobre o cine como recurso didáctico, aportando moitas ideas para traballar nas aulas.

CHARLAS DIDÁCTICAS DAVID CHAO

O profesor da Facultade de Historia da USC e pai de Tomás de 6ºB, David Chao, agasallounos un ano máis ao alumnado de 3º a 6º de primaria cunhas interesantes charlas sobre a Idade Contemporánea, enlazándoa coa súa arte e o comezo do cine, tema que tratamos ao longo do curso. Moitas grazas pola túa colaboración.

EDUCACIÓN VIARIA

Xornada de educación viaria no Programa da Policía Local para o nenos e nenas de 4º de primaria, despois dunha charla no Centro realizaron unha saída didáctica á comisaría.

Distribuir contido


by Dr. Radut