Skip to Content

Curso 2016/17

"DE EIRUGA A BOLBORETA" (III)

As eirugas están comezando o proceso de metamorfose.
8 de maio 2017

DE EIRUGA A BOLBORETA (II)

Hoxe apostamos por facer un ecosistema máis natural. Fomos ás Brañas, collimos terra, pedras e ortigas e este é o resultado que vedes.

Carla, Aldán, Anan e Iago

3 de maio 2017

NON TE QUEDES AÍ, VEN XOGAR (Maio 2017)

Corda, petanca e pases de volei!!! Practica, serás un experto/a se perseveras...

SESIÓN DIDÁCTICA INSTRUMENTOS MUSICAIS

"Quén é quén: Os instrumentos musicais que viven na Escola Municipal de Música" é o título do ciclo de sesións didácticas que organiza o Departamento de Educación do Concello. Estiveron na aula de música do Centro Rocío Balboa (frauta traveseira) e Pilar López (contrabaixo) para impartir unha sesión didáctica ao alumnado de 1º.

OS MAIOS by 6º Infantil A

Atendede ao alumnado de 6º de Infantil A que nos explica a celebración dos "Maios" en Galicia.


2:23 minutes (2.18 MB)

CONTACONTOS SANDRA VÁZQUEZ

Queremos dar a grazas a Sandra Vázquez, nai de Lara Oviedo, da aula de 5º de Infantil B, por contar a historia "A Cociña dunha Meiga"

CONTACONTOS MARÍA CALO

María Calo, nai de Carolina Lago de 5º de infantil B, contou a historia "A Qué Sabe a Lúa" Moitas grazas pola túa participación

CONTACONTOS SERVANDO

Divertida sesión de contacontos para o alumnado de 1º e 2º de primaria por Servando Barreiro adicada a Carlos Casares

DE EIRUGA A BOLBORETA

Con este proxecto pretendemos que o alumnado de 5ºA aprenda a recrear o ecosistema propio da eiruga monarca. O obxectivo é conseguir a transformación das eirugas en bolboretas.

CHARLA MARÍA CANOSA

Contándonos historias do seu libro "Rubicundo" estivo co alumnado de 4º a escritora María Canosa. Pasamos unha hora moi fermosa, moitas grazas.

NON TE QUEDES AÍ, VEN XOGAR (Abril 2017)

MÁIS XOGOS
PETANCA
FÓRMULA 1
PLUMILLA
É un xogo de estratexia por equipos. É moi divertido e é para todas as idades!!! Coidado non te pases da bola branca, ten puntos o que máis preto queda da bola pequerrecha
Circuito de Formula 1, ou son as 500 millas de Indianápolis??  Seca como for, a diversión está asegurada... tes o teu coche preparado? Este xogo é moi divertido para os días de sol. Sobre todo se xogamos na herba. E non é tan fácil como parece. Que! Anímaste?

XOVES DE CONTO

Na sesión de "Xoves de Conto" do 20 de abril escoitamos o conto "Croco", foi moi divertido e, coma sempre, realizamos unha manualidade.

CHARLA PERE TOBARUELA

Visitounos o escritor Pere Tobaruela para falar ao alumnado de 4º de Primaria do libro "Cinco Horas co Mauro" que acaban de ler.

LECTURAS NA BIBLIOTECA EN ABRIL

Un total de 9 alumnas e alumnos do cole léronnos hoxe na hora do recreo na Biblioteca. "Escoitamos "A Mora", "A Verdadeira Historia de Carapuchiña" e "Ramón e Ramona". Moitas grazas a todos os participantes.

SAÍDA DIDÁCTICA

Xornada didáctica nas estacións de tratamento de augas do Tambre e depuradora de augas residuais de Arins para o alumnado de 6º de primaria.

LECTURAS NA BIBLIOTECA EN ABRIL

Na Biblioteca do Cole celebramos o mes do libro en Abril con lecturas na hora do recreo por parte de alumnado voluntario. As primeiras lecturas foron o mércores día 5, aí tedes algunha foto.

XOVES DE CONTO

O xoves, 6 de abril, o alumnado de Infantil disfrutou da lectura do conto "Coco y la Luna" como sempre remataron facendo unha bonita manualidade.

Día da Árbore by 5 anos B

  Aula de 6º de Infantil B

 Emisión de Radio Furelo adicada ao Día da Árbore.


1:31 minutes (1.4 MB)

BANDA DESEÑADA

Participación do alumnado d 1ºB no Concurso de Banda Deseñada de Correlingua 2017

Título: Capitán América

TRANSPORTE ESCOLAR

A partir do martes 18 de abril, despois de rematar as obras de asfaltado na Rúa da Estrada, volverán a normalizarse as rutas de transporte escolar. 

Lembramos que durante o mes de abril deben renovar a solicitude de uso do transporte para o próximo curso 2017/18

Distribuir contido


by Dr. Radut