O alumnado de 6º curso participou nunha saída didáctica polo entorno do Centro para estudar o ecosistema do río Sar no outono, dentro do "Proxecto Ríos"
O alumnado de 3º ciclo de primaria visitou a exposición "Orinoco, viaxe a un mundo perdido". Un percorrido guiado polos seus pobos indíxenas e a súa supervivencia no tempo.
Dentro da XIII Campaña de Animación á Lectura do Departamento de Educación do Concello e coa colaboración de Kalandraka Editora, o alumnado de 1º e 2º asistiu na Galería Sargadelos á sesión de contacontos " Unha bandada de Contos"
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Pimaria participou na Biblioteca do Centro nunha charla-obradoiro sobre a reciclaxe selectiva subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente.
Os alumnos/as de 1ºA e 1ºB asistiron a un concerto didáctico que ofreceu a Banda Municipal de Música de Santiago con obras pertencentes a películas de Disney.
Na semana do 4 ao 8 de febreiro imos celebrar no Colexio o Entroido.
De luns a xoves, o Meco vai ir dando consignas para que os nenos e nenas traian algún elemento "chocante" na súa indumentaria. O día 8 será a festa grande. Este ano queremos recuperar o espírito tradicional do Entroido. Ese día imos percorrer o entorno do Colexio, saíndo ás 11 horas o alumnado de Educación Infantil e ás 12:30 os de Primaria. Esta actividade só terá lugar se non chove.
O venres, 1 de febreiro, o alumnado de 2º e 4º de primaria asistiu ao concerto "Violeta en Compostela", un conto musical interpretado polas alumnas de viola do Conservatorio Profesional de Música de Santiago co fin de dar a coñecer os instrumentos de corda. Unidade didáctica en PDF
Como complemento ás actividades realizadas con motivo do "Día Mundial para a Eliminación da Violencia de Xénero" o alumado de Infantil e Terceiro Ciclo de Primaria asistiu na biblioteca do Centro a unha sesión de contacontos e a unha charla sobre coeducación organizada polo Concello.
As alumnas e alumnos de terceiro ciclo de primaria visitaron a exposición "Gallaecia Pétrea" na Cidade da Cultura. Foi unha visita guiada con actividades e xogos didácticos de investigación.
O alumnado de 3º curso de primaria asistiu ao taller "Aloha Mental Arithmetic", celebrado no Centro Comercial Compostela, para reforzar as súas habilidades matemáticas a través do emprego do ábaco.