Skip to Content

Complementarias

SAÍDA DIDÁCTICA

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria asistiron no Auditorio de Galicia ao concerto Didáctico da Banda Municipal de Santiago "Érase unha vez... un conto musical"

 

HORTO ESCOLAR

Recolleita por segundo ano de verduras e hortalizas do horto do Cole por alumnado de 5º e 6º Primaria. Os productos foron entregados ao Cottolengo de Santiago.

SAÍDA

Visita á Casa Grande de Xanceda dos alumnos/as de 1º de Primaria.

SAÍDA

Imaxes da visita do alumnado de 4º de Primaria ao museo etnográfico de Lalín "A Casa do Patrón"

SAÍDA

Visita á Casa Grande de Xanceda dos alumnos/as de 2º de Primaria.

EXCURSIÓN

Viaxe de alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria a Ourense, visitando o Castro de S. Cibrao, Ribadavia, as Termas de Outariz e Ourense capital.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Realizouse unha exposición de obxectos e ferramentas relacionadas cos oficios tradicionais galegos (lembrade o video sobre as leiteiras), ademáis os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de asistir a dúas charlas: estivo o pai de Lucía Domínguez Devesa de 4 anos A, falando dos ferradores e os pais de Lola e Sara Fernández Ares, de 4ºA e 2ºA respectivamente, amosando o seu traballo coa xoiería e ourivería. En 5ºA editaron o xornal de novas agradables "O Mentireiro". Emitíronse dúas edicións especiais de Radio Furelo, unha por parte de nenos e nenas de infantil 3 anos A, que leron un poema de Xosé Filgueira Valverde  e unha entrevista ao mestre do Colexio Lourenzo, que foi alumno do mesmo. Traballouse nas aulas sobre a a vida e a obra deste autor ao que se adica o "Día das Letras Galegas 2015".

HORTO URBANO

Información publicada no xornal "La Voz de Galicia" do xoves, 30 de abril.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na galería Sargadelos está en marcha a XV Campaña Municipal de Animación á Lectura con actividades ás que, neste curso, asistirán alumnas e alumnos de 1º e 2º de primaria.

ENTROIDO 2015

Na semana do 9 ao 13 de febreiro imos celebrar no Colexio o Entroido. De luns a xoves, o Meco vai ir dando consignas para que os nenos e nenas traian algún elemento "chocante" na súa indumentaria. O día 13, ás 12:15, será o desfile. 

Galería de fotos                              Queima do Meco

VISITA DIDÁCTICA

Saída didáctica do alumnado de 3º e 4º de Primaria ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias da USC.

SAÍDA DIDÁCTICA

 

Visita do alumnado de 3º de primaria ao CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías   da Información) da USC

MAGOSTO 2014

O venres, 14 de novembro celebramos no Centro o magosto, debido ao mal tempo non se poideron levar a cabo os xogos tradicionais que estaban preparados.

SAÍDA AO PARQUE GRANELL

Saída didáctica ao Parque Eugenio Granell

Fotos do grupo de 3ºA

Fotos do grupo de 3ºB

ALFAREIROS DE BUÑO

Desde Buño chegaron ao Colexio dous alfareiros para realizar unha actividade práctica co torno e o modelado de figuras en barro. Despois da explicación puxéronse todos/as mans á obra.

VIDEO

OBRAS DE TEATRO

Selección de pezas teatrais e contacontos representados entre o alumnado  ao final de curso.

 

 "A Cebra Camila" Infantil 4 anos A  "As Cores" 1ºA  "A Partes Iguais" 1ºB 
 
 "Sambalêlê" 3ºA "Cucú, Trastrás" 3ºA "Imos cazar un oso" 3ºA

AUGA DOCE

Os escolares  de 1º a 5º de primaria realizaron uhna saída didáctica á Cidade da Cultura para ver á exposición "Auga Doce". Percorreron o espazo a través dun xogo no que, como protagonistas, tiñan que buscar pistas sobre o uso sostible da auga, converténdose finalmente en Rescatadores. Nas imaxes vese o grupos de 4º e 3º.

EXCURSIÓN 2º CICLO

Saída extraescolar dos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria á cidade de A Coruña visitando: a Casa das Ciencias, a Torre de Hércules e o Muncyt Coruña (Museo de Ciencia e Tecnoloxía)

Distribuir contido


by Dr. Radut