Seguindo co Programa da USC de "Igualdade de xénero" a profesora Paula López Martínez, do Departamento de Electrónica e Computación e investigadora do CITIUS, impartiu ao alumnado de 4ºB a charla-obradoiro "A programación é cousa de nen@s"
Na biblioteca do cole Celtia Figueiras, unha das compoñentes da compañía de monicreques "A Xanela do Maxín", contou as historias de "Os libros da titiriteira" aos nenos e nenas de infantil, 1º e 2º.
Para conmemorar o Día das Letras Galegas saímos ao patio, onde formamos unha gran bandeira de Galicia e cantamos o Himno Galego. Acompañáronnos membros da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar.
Clase didáctica impartida pola nai de Noa, a profesora Almudena Hospido do departamento de Enxeñería Química da USC, ao alumnado de 4ºA para a concienciación de emisións de CO2 e dentro do programa da Universidade de igualdade de xénero "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"
Excursión de 1º e 2º ao centro de actividades da natureza Fervenzaventura en Silleda onde practicaron escalada, tirolina, tiro con arco e estiveron na granxa dos animais.
Na sesión de contacontos do xoves, 3 de maio, Mónica narrounos o conto "Te quero un montón", sentímonos moi identificados co que pasaba no conto e botamos grandes risotadas. Rematamos facendo un enorme e fermoso corazón de purpurina.
Sonia Barros e Cristina Lourido, nais de Alejandro e Sara respectivamente de 6º de Ed. Infantil B impartiron ao alumnado do último curso Ed. Infantil un obradoiro de sensibilización ambiental sobre a escasez, contaminación e a depuración das augas residuais urbanas. Grazas pola vosa colaboración.
Saída do alumnado á Galería Sargadelos para participar na Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Concello e a Editorial Kalandraka, adicada neste ano ao libro "A Horta de Simón".