XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura. Alumnado de distintos cursos achegarase á Galería Sargadelos nas sesións de contacontos "...Outro conto, mamá". Nas imaxes os grupos de 1º de primaria.
O Colexio participou no programa escolar "La Vuelta Junior 2014" no que o ex-ciclista Gustavo Rodríguez impartiu sesións teóricas e prácticas ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para fomentar este deporte.
Os grupos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria asistiron no Auditorio de Galicia á representación da obra "A Frauta Máxica" a cargo da Banda Municipal de Música e a compañía Viravolta Títeres. Como mostra poñemos algunha imaxes da saída de 3º e 4º.
Os alumnos e alumnas de 1º ciclo de primaria asistiron a un concerto didáctico na Escola Municipal de Música. Coas imaxes de fondo do libro "Mamá", interpretaron cantos de berce tradicionais de distintas partes do mundo.
Encontro na biblioteca do Colexio co alumnado de terceiro ciclo de primaria da escritora galega An Alfaia para comentar a súa obra, en particular do libro que leron no último trimestre "O Recendo das Clementinas"
Estivo co alumnado de 3º e 4º o ilustrador e escritor vigués Jacobo Fernández Serrano, explicando os pasos que segue no seu proceso creativo. Del os alumnos/as leron "Mil Cousas Poden Pasar I" e "Mil Cousas Poden Pasar II", así como "O Raposo e a Mestra" de Manuel Rivas, ilustrado por Jacobo. O autor tamén publicou un blog adicado a nenos e nenas que len, debuxan e escriben.
Nos días previos ao Entroido, os alumnos/as de 5ºB coa colaboración dos pais/nais, elaboraron instrumentos musicais con materiais de refugallo que despois empregaron o día do desfile.
Os alumnos/as de 2º de primaria asistiron o 11 de febreiro ao concerto da Banda Municipal de Santiago e Odaiko Percussion Group no Teatro Principal. O espectáculo narraba as peripecias dun grupo de percusionistas que, viaxando polos pobos de España, mostran diferentes melodías e ritmos, dende unha muiñeira ata unha samba.
Os axentes especializados en Seguridade na Internet da Comisaría de Policía de Santiago ofreceron ao alumnado de 5º e 6º unha charla sobre os riscos do uso de internet e as redes sociais.