Skip to Content

Dinamización lectora

-

REAPERTURA DA BIBLIOTECA 

 

fai click nas imáxenes

SAMAÍN

Desta volta, o Equipo de Biblioteca ven cunha proposta de cara ao Samaín para as familias.

Buscade nos vosos fondos de biblioteca ou poñédevos creativos coa creación de contos e relatos de medo.

Podedes enviar as vosas hitorias fantasmagóricas ao enderezo-e: bibliofurelo@gmail.com en formato vídeo ou audio até o luns 25 á medianoite.

ESPERAMOS ANSIOS@S AS VOSAS PROPOSTAS!!!

 

Para o deleite de todas e todos aos que vos gusta o MEDO, aquí vai o que deu de sí, o Samaín 2021 no Ramón Cabanillas

(preme na imaxe)

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

E MOI TERRORÍFICO SAMAÍN 2021!

CERTAME DE CARTAS PARA ESTE NADAL

MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIO 

 

 

CARTAS PARA ESTE NADAL

 Máis información no blog da Biblio

HISTORIAS DE MEDO

TRABALLOS DO ALUMNADO DE 5ºB que se animaron a participar nas propostas de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca, creando e contando as súas propias historias de medo. Agardamos que vos asusten. Clica en cada imaxe.

SAMAÍN NA BIBLIO

Este ano non poderemos celebrar o Samaín no espazo da biblio, pero iso non quere dicir que non vaiamos compartir as vosas historias máis terroríficas con todas as aulas do Cole.

Tedes máis información no Blog da Biblioteca

BLOG BIBLIO FURELO

Nova entrada con información interesante para o Día das Letras Galegas. Non vos perdades os actos online que comezan hoxe, mércores, da Rede de Centros Socioculturais de Santiago.

NOVA ACTIVIDADE NO BLOG DA BIBLIO

Nova sección no Blog da Biblioteca na que podedes participar.

E TI, QUE LES?

DÍA DO LIBRO

Dende a Biblioteca do centro, a pesar de vernos inmersos e inmersas nesta extraordinaria situación de confinamento, quixeramos proporvos que vos sumedes á celebración cunha actividade para todo o alumnado.

Dispoñedes ata o luns 20 ás 12h.

 

 G R A Z A S    P O L A    V O S A     P A R T I C I P A C I Ó N

 

 Dende hoxe podedes ollar o novo blog da Biblioteca do Cole

 

SUXERENCIAS DE LECTURA PARA O NADAL

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

SAMAÍN NA BIBLIO

Na Biblioteca do Centro xa temos todo preparado para o Samaín, ven pasalo de medo connosco e coa selección de lecturas que escollemos para ti! E, xa que este ano vai de cine, non esquezas deixarnos a túa recomendación de pelis terroríficas na entrada. Estamos desexando saber qué vos gusta!

CONTO VIAXEIRO

Alumnado de 4º na biblioteca do cole na realización do "Conto Viaxeiro" en colaboración con outros centros. Actividade organizada polo Concello de Santiago.

SAÍDA DIDÁCTICA

O alumnado de 1º e 2º de primaria asistiu no IES Rosalía de Castro á representación da obra "Canta miña pedra canta", que leran con anterioridade nas aulas.

CHARLA ADRIÁN MORGADE

Visitounos o ilustrador Adrián Morgade para falar da súa publicación "Xinfu" que acaban de ler os alumnos e alumnas de 1º e 2º.

DÍA DO LIBRO

Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que asistindo a unha sesión de animación á lectura. Esta vez con Mark, quen nos foi falando en inglés e galego de "Sira e o robot", tamén houbo música e cancións. Pasámoño xenial!!

CHARLA ÁNXELA LOUREIRO

Hoxe estivo co alumnado de terceiro e cuarto a mestra e escritora Ánxela Loureiro; nestas aulas limos o seu libro "Ota quere voar" no que nos falou moito neste encontro e acompañou a súa charla con cantigas nas que participamos tod@s. Foi fantástico. Animádevos a ler o libro se ainda non o fixestes. Tédelo na biblioteca do cole!!!

DÍA DA MULLER

Dende a Biblioteca celebramos o Día da Muller!

Achégate e descubrirás historias extraordinarias!!

ROSA ANEIROS

Hoxe na Biblioteca acompañounos, ao alumnado de 4º de primaria, a escritora Rosa Aneiros para falarnos do libro que limos "A batalla da pequena Chañan Curi Coca". Foi moi interesante e aprendimos  moitas cousas da cultura Inca. Grazas, Rosa!

LIBROS RECOMENDADOS ENTROIDO

Se buscas lecturas ou ideas para o Entroido... pásate pola Biblioteca...

Distribuir contido


by Dr. Radut