Skip to Content

Curso 2022/23

Gala de Premios DígochoEu

Gala de Premios Dígocho Eu.

A Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas está de noraboa.

Obtivemos o 1º premio de Educación Primaria na 2ª edición do Dígocho Eu.

Grazas ao alumnado e ás familias da comunidade educativa por ternos acompañado neste día!

Este é un aliciente para seguir coa nosa fala polo mundo adiante e se é coa nosa música mellor que mellor.

Nova en La Voz de Galicia

Nova en Europapress

 

Mercado de intercambio de libros en Galego. Letras Galegas.

O mercado de intercambio de libros en galego é unha homenaxe a Francisto Fernández del Riego, quen crea o Día das Letras Galegas como "xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros".

O mercado de intercambio de libros proposto pola ANPA As Brañas, ademais, supuxo un reto superado en dous aspectos:

O primeiro,

desenvolver no alumnado a economía circular: contribuíndo co coidado do noso Planeta, a través da reutilización dun dos recursos máis prezados que o ser humano creou, o libro, como contenedor de coñecemento.

O segundo,

realizar unha análise dos libros en galego que temos na casa. Comprobamos que non son moitos, e que, moitos, son indicados desde o centro educativo...

Grazas a todas e todos os que participastes e agardamos que os "novos" libros que chegaron ás casas sexan verdadeiramente interesantes.

Grazas a ANPA As Brañas pola colaboración e desenvolvemento desta actividade.

(Ver cuña aquí) (Ver proposta de participación aquí)

ACTIVIDADE : LINGUAXE DE SIGNOS

Hoxe o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria tiveron un contacontos para promover a linguaxe de signos e , 3º e 5º de Educación Primaria tiveron unha sesión de sensibilización a linguaxe de signos.

Grazas a ANPA por propor esta actividade.

(Ver cuña aquí)

Letras Galegas 2023. Música a cargo de Luis Vallecillo.

Comeza a celebración das Letras Galegas! Hoxe  todo o colexio puidemos pasar un bo rato mergullándonos  no GALEGO coa actuación de Luis Vallecillo (ver páx1 e páx2)

(Ver cuña aquí)

Celebración das Letras Galegas. Sempre coa Biblioteca

Agradecementos especiais ao alumnado de 6º, á Agrupación Folclórica da Colexiata do Sar e a ANPA As Brañas. Grazas a todas e todos por participar no desenvolvemento e gozo desta actividade.

 

En relación ás linguaxes: A lingua de Signos. Homenaxe a Francisco Fernández Del Riego

 

Agradecementos especiais á ANPA As Brañas, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e a Luis Vallecillo. Grazas a todas e todos por participar no desenvolvemento e gozo desta actividade.

 

Premios Día da Nai Terra

O pasado 22 de abril celebramos o día da Nai Terra, e a ANPA As Brañas propuxo unha interesante campaña de concienciación do coidado da nosa escola.

Aquí as participacións e os premiados (fai clic na imaxe para ir ao video). Os premiados están a partires do minuto 3:12.

 Moitas grazas pola iniciativa, pola participación e pola implicación.

Os premios entregaranse o 16 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas.

BIBLIO FURELO. RESUMO ACTIVIDADE DÍA DO LIBRO.

 

Actividade resumo da Semana do Libro realizada no CEIP Ramón Cabanillas coa colaboración da familia. Clica na imaxe.

Mercado de troco de libros e contos en galego

Estimadas familias,

A ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas anima a participar no Día das Letras Galegas de 2023 cunha interesante proposta que vai na liña de desenvolver unha economía circular e sostible.

Fai clic na imaxe para ver máis grande

 

É unha iniciativa similar á que se desenvolveu na Semana do Libro por parte da Biblioteca, pero esta vez, a lingua do material bibliográfico debe estar en galego.

Os participantes recibirán un vale que poderán trocar por un libro que atopen na Biblioteca (dos que participen) que lle poida interesar. Neste caso non hai que envolvelo e a única condición é que estea en bo estado e sexa en lingua galega.

O día 10 de maio é a data liimite para poder traelo.

Moitas grazas por participar.

CONTACONTOS NO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

O venres 5 de maio, o alumnado do 1º ciclo de educación primaria puido gozar dunha sesión de contacontos na biblioteca escolar. O conto elixido foi "Axente riciños. Misión Princesa" da editorial Anaya.

A protagonista desta historia é unha axente da policía que ten que resolver o misterio das princesas desaparecidas da Fraga. Sen dúbida, trátase dun obra narrativa que racha cos estereotipos dos contos clásicos e reinventa o modelo de personaxes femininas. 

Unha iniciativa que contribúe a formar pequenos e grandes lectores!

 

Radio Furelo 5 anos B

O alumnado de 5 anos B presenta o seu Radio Furelo sobre a semana do libro!

SEMANA DO LIBRO: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Chegou ao seu fin a "Semana do Libro,  unha semana chea de emocións, de disfrute de experiencias...onde cada un e cada unha de nós, grandes e pequenos/as, vivimos un novo xeito de disfrutar dos contos grazas a vosa colaboración e bo facer.

Moitas grazas e esperámosvos pronto!

SEMANA DO LIBRO: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Con eles e con elas rematamos a Semana do Libro do CEIP Ramón Cabanillas.

SEMANA DO LIBRO: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

A semana do libro vai chegando ao seu fin. De novo mostrar o noso agradecemento pola vosa participación nesta iniciativa.

SEMANA DO LIBRO: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Outro día esperando aos nosos e nosas contacontos, outro día de disfrute da lectura.

SEMANA DO LIBRO: VISITA DO ESCRITOR ANXO FARIÑA

Co motivo da semana do libro o alumnado de sexto A e sexto B  tiveron a ocasión de compartir un tempo co escritor  Anxo Fariña.

SEMANA DO LIBRO: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Outro día máis esperando os novos contos que nos van contar as famiias. A verdade é que o fan tan ben, deixáronnos impresionados/as. Aquí a mostra.

SEMANA DO LIBRO:" AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN":

 Hoxe comezamos unha semana adicada ao libro. A través dos contos, que os papás e mamás nos veñen contar ás aulas, soñaremos, divertirémonos e ata nos poden asustar un pouquiño. 

Que ben o fan!

Grazas pola vosa colaboración, familias!

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN!

COMEZAMOS UNHA SEMANA DE LECTURA!!!

Podedes ampliar a información clicando no enlace ao blog da biblioteca.

Biblio Furelo: Semana do Libro 2023: As Familias tamén contan! (furelole.blogspot.com)

Radio Furelo 3ºA

O alumnado de 3ºA presenta o seu Radio Furelo sobre o Día Mundial da Saúde.

Distribuir contido


by Dr. Radut