Skip to Content

DÍA DA MULLER

PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER, FIXEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

1. RECIBIMOS UNHA CAIXA SORPRESA E UN LIBRO (PRIMEIRO PENSAMOS QUE PODERÍA HABER DENTRO: " UNHA CARTA, UN ANEL, UN RATO, UN DINOSAURO, UNHA SEREÍÑA, UN BONECO DE XENXIBRE QUE PODE ANDAR, UN COCHO...). ESTABA ATADA CUN LAZO VIOLETA ("PORQUE O LEVABA UN ANIMAL NA CABEZA, PORQUE É TRISTE. É UNHA CAIXA MÁXICA, TROUXO O REGALO PAPÁ NOEL -NON É NADAL- DIXO OUTRA NENA".

HAI UN SÍMBOLO (DE INTERROGACIÓN PINTADO NA CAIXA) . " SIGNIFICA QUE NON SABEMOS QUE HAI DENTRO". 

NA CAIXA HABÍA FOTOS DE MULLERES E NOMES QUE TIVEMOS QUE INVESTIGAR PARA SABER A QUEN LLE CORRESPONDÍA. PRIMEIRO ASOCIAMOS E DESPOIS COMPROBAMOS OS ACERTOS ("A CONCEPCIÓN ARENAL CHAMARASE ASÍ PORQUE RECOLLERÁ AREA?- PREGUNTOU UNHA NENA E OUTRA ENGADIU QUE A ISABEL ZENDAL ERA COMO ISABEL PANTOJA". TAMÉN ATOPAMOS UN SÍMBOLO (ALGUÉN DICÍA QUE ERA UNNHA CHAVE QUE ABRIRÍA UN PORTAL MÁXICO OU UN COLAR OU PULSEIRA) E DESCUBRIMOS QUE ERA O SÍMBOLO DA MULLER.

2. CADA EQUIPO DE AULA INVESTIGOU UNHA MULLER E PREPARAMOS MURAIS. 

3. XOGAMOS COA BEE BOT. AO SABER DA PIONEIRA QUE FALABAMOS A NOSA ABELLA TIÑA QUE CHEGAR A SÚA FOTO.

4. ELABORAMOS UN XOGO DE MEMORIA PARA PODER CONTINUAR NA CASA A LEMBRAR A VIDA E OS FEITOS TAN IMPORTANTES QUE LOGRARON.

5. DECORAMOS UN COLGANTE CO SÍMBOLO DA MULLER.

6. FORMAMOS UN SÍMBOLO ENTRE TOD@S COS NOSOS DESEÑOS.

  

  

  

  

 



blog | by Dr. Radut