Skip to Content

Concerto "Instrumentos Insólitos" (Fetén Fetén)

Esta semana, o alumnado de 3º e 4º de Ed. primaria acudíu ao espectáculo INSTRUMENTOS INSÓLITOS, do grupo "Fetén Fetén". Foi realmente interesante pois o humor combinado cun feixe de contidos educativos sen dúbida é unha receta máxica para experimentar aprendizaxes significativas. Coñecemos cousas sobre a orixe dos instrumentos e as súas características, a importancia da reciclaxe a través da reutilización de refugallos (a través da construcción de instrumentos), instrumentos cotiás tradicionais (sartén, morteiro, botella de anís, cunchas, serra, ...)... Cantamos, bailamos,... Pero sobre todo retivemos un montón de valores a través do coñecemento doutros momentos da historia nos que os nosos antepasados non tiñan todo o que temos agora, e tiñan que axilizar o inxenio para crear música, bailar, cantar, etc. E de como en moitísimos paises do mundo, os nenos están a vivir situacións semellantes, de tremenda pobreza. E pola contra son os pimeiros en amosar o seu sorriso e buscar outras fórmulas de ter pequenos momentos de felicidade. A pesares da fame, as bombas...

Por todo isto, debemos saber ser felices e valorar a sorte que temos! Non protestar porque non nos gusta unha comida, porque non temos o último xoguete ou xogo de moda, o último teléfono móbil, etc.  

Deixámosvos algunha fotiños e vídeos deste pedazo de espectáculo que nos brindaron os "Feten Fetén" (Dúo artístico formado por Jorge Arribas e Diego Galaz)

Feten Feten



page | by Dr. Radut