O 5 de febreiro celebramos o noso " Entroido de Cine" no Ceip da Ramallosa. Representamos ás personaxes de Ratatouille, Brancaneves,101 Dálmatas,O Libro da Selva, Robin Hood, Harry Potter e Alicia no País das Marabillas;con bailes , doces típicos desta festa elaborados polas familias do alumnado que tamén participaron animosamente do noso Entroido. Festa Rachada!
388 ficheiros, último engadido a feb 10, 2016 Álbum visto 10 veces
Preparación de decorados para a gran festa e atributos que o boneco do Entroido (o noso esqueleto) nos propuña levar durante a semana do 1 ao 5 para encher o cole de cores e moitas ganas de festa.
117 ficheiros, último engadido a feb 09, 2016 Álbum visto 6 veces
O 29 de xaneiro de 2016 celebramos no noso colexio o Día da Paz enchendo cos nosos corpos un dos símbolos máis representativos da paz ( un círculo con tres liñas no seu interior ) .
Despois da lectura do manifesto,cada aula expresou a súa consigna pola paz e todo o alumnado e o profesorado a compartimos.
68 ficheiros, último engadido a xan 30, 2016 Álbum visto 5 veces
O 18 de decembro de 2015 despedimos o primeiro trimestre de curso coa actuación do alumnado de 4º, 5º e 6º que nos ofreceron un melódico concerto de frauta para todo o colexio e rematamos no patio movendo o esqueleto a ritmo de zumba, alumnos e alumnas, profesorado e moitas familias que se animaron a danzar con nós!
112 ficheiros, último engadido a Dec 31, 2015 Álbum visto 4 veces
O venres 18 despedimos o trimestre e saudamos ao nadal con varias actividades. Primeiro gozamos cun concerto de frauta dos nosos e as nosa compas maiores. Logo, a zumbear e para rematar e recuperar forzas, a merendar.
72 ficheiros, último engadido a Dec 21, 2015 Álbum visto 4 veces
Hoxe recibimos a visita sorpresa dos Bolechas no noso colexio para agradecer ao alumnado a súa gran participación no concurso de debuxos de "historias do meu cole" ademais o primeiro premio foi para Diego Teo Senín de 6º C.
132 ficheiros, último engadido a Dec 16, 2015 Álbum visto 13 veces
Seguindo coas actividades relacionadas coa alimentación, o 14 de novembro unha representación de produtores e produtoras do Mercado Labrego Galego dos Tilos, agasalláronnos coa súa visita que estivo cargada de actividades. Primeiro tivemos unha pequena charla, logo poidemos ver e mesmo tocar algún dos alimentos e plantas e mesmo degustar deliciosísimas rosquillas e marmelos elaborados cos seus produtos.
110 ficheiros, último engadido a nov 15, 2015 Álbum visto 1 veces
Moita festa e moitas castañas! Primeiro fixemos as ganas delas xogando ao mcoamecastaña, aos aros musicais, ao arrastramortos, ao bolos e máis á castaña andareira. Logo a comer as saborosísimas castañas.
146 ficheiros, último engadido a nov 13, 2015 Álbum visto 3 veces