O pasado 4 de marzo todo o alumnado de Educación Infantil asistimos a unha charla sobre arqueoloxía titualada " Na procura do pasado". Logo das interesantes imaxes e explicacións co que o antropólogo Gonzalo nos amenizou, pasamos a expectacular e atractiva actividade de excavación de restos arqueolóxicos que había no noso patio.
168 ficheiros, último engadido a mar 25, 2015 Álbum visto 4 veces
Os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de E.I., asistimos á Fundación de Abanca na Rúa de Vilar de Santiago, a ver a exposición pitórica " Maside en Compostela" do destacado pintor galego.
122 ficheiros, último engadido a mar 04, 2015 Álbum visto 4 veces
O venres 13 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido baixo o lema: "Un paseo pola Historia" desde a prehistoria ao futuro representamos as personaxes e mergullámonos nas características das diferentes épocas con ambientacións ,danzas e decorados alusivos a cada etapa histórica.
172 ficheiros, último engadido a feb 15, 2015 Álbum visto 23 veces
O luns 26 de abril, os alumnos e alumnas de 5 anos tiveron a oportunidade de gozar na biblioteca do colexio dunha fermosa sesión de contacontos a cargo da responsable da librería Aenea de Santiago.
26 ficheiros, último engadido a feb 01, 2015 Álbum visto 2 veces
O 26 de novembro o alumnado de terceiro curso asistiu a un concerto da Real Filharmonía de Galicia, celebrado no Auditorio de Galicia, no que poidemos escoitar pezas de grandes compositores como: Bach, Ravel, Stravinsky e Manuel de Falla.
58 ficheiros, último engadido a nov 26, 2014 Álbum visto 2 veces
O 27 de novembro os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º asistimos no salón de actos da nosa escola a concerto da xenial artista musical Susa Herrera. Veunos presentar as últimas cancións do seu disco-libro "Cantos animais". Cantamos, bailamos e pasámolo a mar de ben.
31 ficheiros, último engadido a nov 27, 2014 Álbum visto 1 veces