Skip to Content

Responder ao comentario

AS NOSAS COUSAS

 O MISTERIO DO FAIO

 

Un día, Xosé escoitou un ruído no faio, esperou a ver se non volvía a ocorrer, pero cada pouco repetíase. Él non quería subir, porque nunca fora e estaba todo moi escuro e tiña medo, pero molestáballe ese ruído. Preguntoulle a súa nai se podía ir mirar.

 

- Estou moi ocupada e eu non escoito nada.- dixo ella.

 

- Vou a ser valente e non un medoso.- pensou.

 

Colleu a lanterna e foi mirar. Foi mirando e ao mismo tempo temblaba dos pés á cabeza. Observou e observou, pero nada. Baixou, estívolle axudano a súa nai, facendo os deberes, etc... e esqueceuse do ruído.

 

Cando subíu volveuno escoitar. Foi ver, esta vez con máis valentía, cada vez estaba máis próximo, pero entón chamouno súa nai para xantar. Xosé cada vez ía tendo menos medo e máis curiosidade.

Ao acabar de xantar foi dormir a sesta, coma sempre, e o ruído non lle deixaba durmir.

 

- Xa está ben. Vou ir descubrir que é ese ruído- pensou.

 

Alá foi, volveu a mirar e veu unha sombra que se movía moito, pero de súpeto iso que non sabía o que era marchou. Baixou correndo porque se asustou da sombra ese día non volveu a subir.

 

Ao día seguinte ao acabar de almorzar xa foi para alá. Estivo toda a tarde no faio. Escoitou algo e andou amodo  رسائل حب para non facer ruído e de súpeto viu que era Pancho, o seu can, que estaba a remexer nos bonecos de cando el era pequeño. Xosé quedou aliviado de que non fora un corvo ou outro animal que lle dera medo.

 

Andrea Vejo - 6ºB

Responder



by Dr. Radut