Skip to Content

Responder ao comentario

A PAZ

Para abordar esta temática da PAZ, partimos da lectura de dous contos que foron o punto de partida para xenerar o diálogo e posta en común, sobre que é a Paz, como se pode contribuír a conseguir Paz, que podemos facer para ser felices e facer felices a outr@s e así vivir en paz,...

  

  Xan é un neno feliz que lles gusta pintar as uñas de moitas cores.

Ata que un día na escola algúns compañeiros se rin del "pintar as uñas

é de nena, Xan é unha nena!!" Aquilo volveuno triste e so pintaba as

uñas na casa para que non o viran. O pais tamén as pintaban para

alegrar a Xan, pero non o conseguían. Chegou o día do seu aniversario

e a Xan lle agardaba unha sorpresa na escola; "toda a aula pintara 

as uñas para darlle os parabéns a Xan. Foi o mellor aniversario!!

 

Isto permitiunos dialogar sobre a importancia de respectar

aos demais, de non xuzgar, de facer as cousas que nos fan

felices sen medo ao que nos digan os demais,... 

 Antes de ler o conto, tan solo dicindo o título algún comentou que as uñas solo as pintaban as nenas, sen embargo, despois da lectura do conto, todos e todas querían pintar as uñas. Algún dicía que se ía defender se alguén lle comentaba algo por levar as uñas pintadas, outros dicían que esconderían as mans,... ; unha mistura de sentimentos por mor de prexuizos que se lle transmiten ás crianzas dende pequen@s: deixemos que sexan felices!!

 

  

 As ilustracións de Carme Solé dan vida aos dilemas que

plantexa o texto de Marie- Agnés Gaudrat arredor da felicidade.

Un libro sobre valores esenciais, que fai pensar e incita ao

diálogo coas crianzas.

Por ex:

-“que nos hace felices? disfrazarnos de lo que no somos? o ser

simplemente como somos?”

-“que nos hace felices? Ser mejor que los demás?

O colaborar con los demás?” 

 Previamente á lectura, cada un/unha expresou o que lle facía feliz:

 

- Creamos o símbolo da Paz con diferentes elementos: creatividade en acción!!

  

  

    

   

 

MURAL FINAL

 

 

Responder



by Dr. Radut