Skip to Content

Blogue de laura

REGRETAS DE CUISENAIRE

NA ÚLTIMA SESIÓN DE LÓXICA - MATEMÁTICA INICIÁMONOS NO USO DAS REGRETAS. PERMITEN QUE SE COMPRENDAN MELLOR OS NÚMEROS E FACILITAN A TRANSICIÓN AO CÁLCULO MENTAL.

        

BEE BOT VIAXEIRA

TEMOS UNHA ABELLA ROBOT (BEE BOT) NA AULA. NA ASEMBLEA DE HOXE, FIXEMOS UN CONCURSO COS BITS DE INTELIXENCIA. TIÑAMOS QUE PROGRAMAR A NOSA BEE BOT PARA GUIALA CARA Á RESPOSTA CORRECTA. 

 

 

XOANIÑAS!

A XOANIÑA DA BATA VERMELLA

VOA QUE VOA NO PRADO DE HERBA.

VOA QUE VOA COMO UN PAPAVENTOS

A LEDA XOANIÑA QUE PINTA MIL VENTOS.

A XOANIÑA DO PUNTIÑO MOURO

VOA QUE VOA NUN RAÍÑO DE OURO.

VOA QUE VOA COMO UN PELOURIÑO

    A LEDA XOANIÑA DOS SETE PUNTIÑOS.                                

                    

 

CONTACOMIGO

GRAZAS POR PARTICIPARDES NO CONTACOMIGO. ISTO AÍNDA NON REMATOU! 

PODEDES VER FOTOS CLICANDO NA PRIMEIRA IMAXE.

   

 

COIDAMOS AS NOSAS PLANTAS

DESPOIS DESTES DÍAS DE ENTROIDO, AO CHEGARMOS Á AULA TIÑAMOS UNHA SORPRESA! UN DOS NOSOS TULIPÁNS FLORECEU!

DIVIDIMOS?

HOXE TIÑAMOS UNHA CAIXA DE PARÍS! DENTRO HABÍA GALLETAS: 6 PAQUETES DE 5. QUERIAMOS COMELAS...ASÍ QUE DECIDIMOS REPARTILAS. COMEZAMOS DANDO MOITAS A CADA NEN@... PERO UNHA COMPAÑEIRA TIVO A IDEA DE REPARTIR PRIMEIRO UNHA, DESPOIS PARTIMOS TROZOS PARA CONSEGUIR PRATOS IGUAIS. (ESTA ACTIVIDADE É UNHA INICIACIÓN AO ALGORITMO DA DIVISIÓN).

 

 

  

   

    

 

PINTORES DE PARÍS

HOXE DECORAMOS A BATA DE PINTORA DA PROFE. NECESITABA DE AXUDA CO DISFRACE E PARECEUNOS UNHA BOA IDEA BOTARLLE UNHA MAN.

 

 

 

FAMILIAS VIAXEIRAS

GRAZAS FAMILIAS POR ACHEGAR FOTOGRAFÍAS, LIBROS E DIVERSOS MATERIAIS RELACIONADOS COAS VIAXES. ESTAMOS A APRENDER MOITO!

    

 

      

PARÍS

ESTAS DÍAS ESTAMOS A APRENDER MOITAS COUSAS DO MUNDO: MONUMENTOS, ANIMAIS, CURIOSIDADES...

HOXE CHEGAMOS AO NOSO PRIMEIRO DESTINO: PARÍS.

- SAUDÁMONOS POLA MAÑÁ EN FRANCÉS: "BONJOUR!, SALUT!".

- USAMOS A APLICACIÓN GOOGLE EARTH PARA VER A CAPITAL FRANCESA.

- ESCOITAMOS O HIMNO E DESCUBRIMOS AS CORES DA SÚA BANDEIRA.

COMO VEDES TIVEMOS UN DÍA MOI CULTURAL! ESTAMOS TAN MOTIVAD@S QUE SE ESCOITOU NA AULA UNHA FRASE FERMOSA: "VIAXAR MOLA".

COMO UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS... AQUÍ TEDES UN VÍDEO DE HOXE!

 

 

 

 

PERCURSO DE PHILEAS FOGG

HOXE ESTIVEMOS A VER O PERCURSO DE PHILEAS FOGG NO MAPA. TRAZAMOS UNHA LIÑA SEGUINDO OS LUGARES DA SÚA VIAXE AO MUNDO.

Distribuir contido


by Dr. Radut