Skip to Content

Blogue de laura

EXIPTO

PHILEAS FOGG VIAXOU DE BRINDISI (ITALIA) A SUEZ (EXIPTO). PROCURAMOS INFORMACIÓN NO COMPUTADOR E TRABALLAMOS COS BITS DE INTELIXENCIA.

XIMNASIA PARA OS OLLOS

TRABALLAMOS OS MÚSCULOS DOS NOSOS OLLOS E PREPARÁMOLOS ASÍ PARA A LECTO-ESCRITURA.

QUE NÚMERO SON?

XOGAMOS A ADIVIÑAR O NÚMERO QUE TIÑAMOS PINTADO NA FRONTE. POR PARELLAS, @ COMPAÑEIR@ DABA PISTAS (ENTREGÁNDOLLE A CANTIDADE EN OBXECTOS DIVERSOS, COMPARANDO...POR EXEMPLO, OS ANOS QUE TEMOS...).

    

NOME MÁXICO

ISTO É COUSA DE MEIGAS! BOTAMOS PINTURA E AUGA NUNHA CARTOLINA BRANCA E... APARECÍAN OS NOSOS NOMES!

LETRAS GALEGAS 2017

O 17 DE MAIO DESTE ANO ESTÁ DEDICADO A CARLOS CASARES. NA AULA, PROCURAMOS NO COMPUTADOR DATOS DA SÚA BIOGRAFÍA, LEMOS A GALIÑA AZUL E DESEÑAMOS A CARICATURA DO NOSO HOMENAXEADO. PARA DESCUBRIRMOS O PERSONAXE DE TORIBIO E AS SÚAS AVENTURAS, ASISTIMOS A UN CONTACONTOS NO SALÓN DE ACTOS.

DO CONCELLO DE TEO (XOGANDO COA HISTORIA A LARANXA MÁIS LARANXA DE TODAS AS LARANXAS), TROUXÉRONNOS UNHA PARA "VITAMINAR" A LINGUA E UN MARCAPÁXINAS DE CARLOS CASARES.

     

COCIÑAMOS PIZZA!

COMO ESTAMOS A APRENDER MOITO DA ITALIA, DECIDIMOS COCIÑAR UN DOS SEUS PRATOS ESTRELA: A PIZZA.

PRIMEIRO, BUSCAMOS RECEITAS (TEXTO INSTRUTIVO) E AO REMATAR O PROCESO, ELABORAMOS A NOSA. DESPOIS, SELECCIONAMOS OS INGREDIENTES (PESAMOS A FARIÑA E MEDIMOS A CANTIDADE DE AUGA, POR TANTO TRABALLAMOS A COMPETENCIA MATEMÁTICA), FIXEMOS A MASA, AMASAMOS, ESTIRAMOS, COLOCAMOS OS INGREDIENTES, METEMOS NO FORNO...E MERENDAMOS A NOSA DELICIOSA PIZZA!

CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS GALERÍAS. (NESTA SEMANA IREMOS SUBINDO TODAS AS FOTOS)

 

SEMENTAMOS!

TEMOS UNHA ZONA NO NOSO PATIO PREPARADA PARA CULTIVAR ASÍ QUE DECIDIMOS TRASPLANTAR OS TULIPÁNS DA AULA E SEMENTAR PLANTAS AROMÁTICAS.

CLICADE NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

    

LÓXICA - MATEMÁTICA: REGRETAS.

NA NOSA SESIÓN DE LÓXICA - MATEMÁTICA, TRABALLAMOS COAS REGRETAS POR PARELLAS PARA ORDEALAS POR ALTURA.

 

 

 

VIAXAMOS? SEGUNDA PARADA ... ITALIA!

PREPARAMOS O PASAPORTE QUE A VIAXE CONTINÚA...SEGUINTE PARADA: ITALIA!

ESTAMOS A TRABALLAR:

- O MAPA DE ITALIA.

- A BANDEIRA (SERIE DE CORES).

- MONUMENTOS.

- LINGUAXE: "BUONGIORNO" (BO DÍA), "CIAO" (OLA/ADEUS).

                    "CI VUOLE UN FIORE"- CANCIÓN. LETRA DE GIANNI RODARI.

 

       

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

NON PODIAMOS COMEZAR O TERCEIRO TRIMESTRE SEN AMOSARVOS O NOSO VÍDEO DOS ANIVERSARIOS DO 2º TRIMESTRE. OLALLA E AINHOA XA TEÑEN 4 ANOS!


 

Distribuir contido


by Dr. Radut