Skip to Content

Pagamento taxas (Instruccións)

 

PAGAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

 

Para facilitar ás familias usuarias de comedor o pagamento telemático do servizo e segundo a instrución 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da consellería de Educación, sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso 2023-2024 o pagamento mensual pola utilización do comedor escolar producirase de acordo coas seguintes pautas:

 

O pago realizarase entre o 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo.

  

Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

Os usuarios/as do servizo que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia antes das 09.45h do día que deba ter efecto, serán suspendidos pola Dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.

 

As 3 opcións de pagamento serán as seguintes:

 

  1. Pagamento nas entidades bancarias autorizadas. Os suxeitos obrigados farán o ingreso na entidade bancaria correspondente, conservarán os xustificantes do “pagamento para o interesado” e presentarán nos centros de xeito presencial ou por correo electrónico a comedor.rabadeira@gmail.com, nos 20 primeiros días de cada mes, os xustificantes de “pagamento para a Administración” debidamente validados polas entidades de depósito. Ten que figurar o selo da entidade e a data de pagamento.

  2. Pagamento a través do Espazo Abalar. Os impresos de pagamento estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de acudir ao centro para obtelos. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que os suxeitos que empreguen este sistema non terán que presentar xustificante algún no centro, pero sí dar aviso do día que se fixo o pago. Para efectuar o pago por esta vía hai que entrar en Espazo Abalar por web, non serve a aplicación móbil. A ruta a seguir é: espazo abalar - acceso aos servizos - espazo familias - ver alumno - servizos complementarios – comedor - CIXTEC. Para empregar esta vía é preciso ter DNI electrónico ou certificado dixital.
  3. Pagamento a través da Oficina virtual tributaria: Igualmente, as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria para realizar os pagamentos de xeito telemático. Os suxeitos que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 primeiros días de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondentes e non precisan DNI electrónico nin certificado dixital. http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e- prezos/confeccion-on-line-impreso

 

 

MANUAL PAGO COMEDOR

 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. 

 

 

 

 

https://ovt.atriga.gal/

 

 

 

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.

 

O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:

 

 

 

A continuación, a ruta é: inicial taxa Candado aberto (acceso libre ao servizo) -> Iniciar taxa.

 

 

Ver imaxes seguintes:

 

 

 

 

A continuación ábrese un formulario onde debemos cubrir, en menús despregables, os seguintes datos:

Consellería: Consellería de Educación, universidade e formación profesional

Delegación: A Coruña

Servizo: Secretaria

Taxa: 352800-Comedores escolares.

Obxecto de pago: Poñer o nome completo da persoa que fai uso do comedor e o mes que se está a pagar.

 

 

A ingresar: Poñer o importe correspondente a pagar segundo os impresos recibidos do colexio.

 

 

 

 

 

 

 

 

Premer en seguinte e continuar cos datos identificativos do pagador e premer no botón de pago telemático.

 

 

 

 

 

 

A partir de aquí, iníciase o proceso de pago telemático que debe confirmar para entrar na plataforma de pago. Nesta, debe escoller o tipo de pago telemático, o modo tarxeta e o banco co que desexa facer a transacción.

 

IMPORTANTE: Só pode pagar con algún dos bancos que aparecen: ABANCA, Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora ou EVO Banco.

 

Se non ten conta nalgún deses bancos, tamén o pode facer, sempre que non sexa un importe superior a 50 euros e pagando unha comisión. Para iso, debe escoller calquera opción e proseguir co pago.

 

 

 

 

Unha vez efectuado o pago, ten que descargar un xustificante como o que se mostra na imaxe que segue, e envialo ao colexio.

 

 



page | by Dr. Radut