Skip to Content

Novas

 

Presentamos o logo gañador que representará ao noso Proxecto Documental Integrado deste curso,

A Volta ao Mundo 

Parabéns a Sara V. M. de 5ºB de Ed. Primaria

Grazas ao alumnado pola participación, todos os debuxos ocuparán un lugar especial durante estes meses.

 

 


 

CURSO 2024/2025 

 


 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

 


 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

 


 

 


ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO C.E.I.P. PLURILINGÜE DA RABADEIRA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025

 

 

  


 

Apertura de prazo de matrícula para novo alumnado no curso 2024/2025
Do 20 ao 30 de xuño de 2024


Documentación

 


 

 

APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITAR COMEDOR E TRANSPORTE CURSO 2024/2025 PARA ALUMNOS MATRICULADOS NO CENTRO
DO 10 DE XUÑO AO 20 DE XUÑO DE 2024


DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

 


 

 

Apertura de prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo do 21/05/2024 ao 21/06/2024 (ambos incluídos)


Máis información

 

 


 

 

 

 

 

Conmemoramos o Día das Letras Galegas no colexio con diferentes actos e actividades. Como sabedes, a autora homenaxeada este ano é Luísa Villalta.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose a elaboración dun conto cooperativo sobre a figura da autora coa participación de todos os grupos do cole. Cos traballos realizados elaborouse un produto en vídeo empregando o croma da biblioteca. Compartimos o resultado final, froito da colaboración dos equipos de Biblioteca, TICS e Dinamización da Lingua Galega

 

 

 


 

 

 

O luns, 6 de maio, faremos un programa especial de Radio Rabadeira.

Conmemorando o 50 aniversario, o programa será no Salón de Actos ás 12 horas. Podedes asistir a él como público, tendo prevista a duración sobre 1 hora e media, pregamos puntualidade.

Tamén podedes seguir o programa a través da emisión en streaming en youtube, entrando en:

 

https://www.youtube.com/watch?v=NDJezDNXafQ

 

 

 
 
 
 

 
 
 
 
 
 ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 
Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos para os alumnos/as de nova incorporación, a dirección do centro comunica que no caso das solicitudes para os cursos de infantil  non é necesario baremar xa que as solicitudes non superaron o número de prazas dispoñibles.

No caso das solicitudes presentadas para os cursos de primaria dende o 21 de marzo ata o 5 de abril de 2024 ábrese o prazo para entregar a documentación xustificativa dos criterios de baremos alegados marcados na solicitude de admisión presentada. Se xa autorizaron a consulta ou entregaron a documentación non é necesario volver a entregala.

Posteriormente e conforme co artigo 35  da Orde do 21 de outubro  de 2022 pola que se desenvolve o Decreto de 13/2022, de 3 de febreiro e que regula o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 25 de abril de 2024 serán publicadas a listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido  por curso e por orde de puntuación provisional obtida, no caso da necesidade de baremar.

As listas, segundo a normativa, publicaranse no taboleiro de anuncios do centro e estarán dispoñibles a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Poderase formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguintes ao da publicación das listaxes.

Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva o 15 de maio de 2024. As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

O prazo para a formalización da matrícula é do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2024 (ámbolos dous inclusive)

 
 

 
 
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO – CENTROS ADSCRITOS CURSO 2024-2025

ADMISIÓN ALUMNADO.
Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Juana de Vega e CEIP Plurilingüe da Rabadeira), informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO no IES Miraflores para o curso escolar 2024-2025 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NO IES MIRAFLORES.
O prazo para formalizar a matrícula será publicado na páxina web do IES MIRAFLORES (a previsión é que sexa entre o 23 de xuño e o 7 de xullo de 2024)
 
 

 
 
 
APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025 (ED550B)


Do 1 ao 20 de marzo de 2024 ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos conforme coa Orde de 21 de outubro de 2022.
 
 
 
 
 

 
 
 
 
A/A DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
 
RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN:
IES “MIRAFLORES
 

 
Conforme co artigo 5.2 da orde do 21 de outubro de 2022 (DOG. Nº212 do 8 de novembro de 2022) pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado en centro sostidos con fondos públicos o vindeiro 15 de xaneiro ábrese o prazo para a reserva de praza no IES Miraflores, instituto adscrito ao noso centro, para o alumnado de 6º de primaria.
 
Prazo de presentación de solicitudes de reserva:
 
Dende 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024 (ambos incluídos)

Solicitudes:
 
Os modelos ED550A e o anexo I-bis estará dispoñibles a partir da data de inicio do prazo na aplicación admisionalumnado  na sede electrónica da Xunta de Galicia, na secretaría do centro ou na nosa web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/.


 
Forma de presentación
 
-Electrónicamente accedendo á aplicación informática admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) para o que ten que dispoñer de certificado dixital ou Chave 365.
 
-Presencialmente na secretaría do noso centro.

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos:
 
O 22 de febreiro
 
Documentación a presentar:
 

  • Solicitude de reserva  ED550A  e anexo I-bis  
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras( outra documentación que acredite as circunstancias familiares)

 

 
Nota informativa:
 
So poderá presentarse unha solicitude por alumno/a.

Solicitude en galego

Solicitude en castelá

 

 

 

 


 

 

 

  

Estamos de celebración

e o queremos festexar todos xuntos ao final do curso.

 

  

 Deseño da imaxe: Gabriela Río, exalumna do centro

 


 

 


 

Organización entradas e saídas

Revisade durante estes días, no apartado da web "Avisos a familias", información que publicaremos con todas as novas e instrucións necesarias.

   

 


 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO COMEDOR ESCOLAR

 

 Poden consultar no taboleiro do centro a listaxe definitiva de admitidos no comedor escolar 2023-2024. Infórmase que todas as familias que solicitaron este servizo están admitidas.  

Continúa aberto o prazo para a admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe da Rabadeira, como colaboradores voluntarios do comedor escolar durante o curso 2023/2024.

 

As familias interesadas nesta colaboración teñen toda a información na ligazón anterior. O venres, 8 de setembro, data límite para entregar o anexo cuberto en Secretaría.

 

 

TRANSPORTE ESCOLAR 2023/24

 

Todo o alumnado que solicitou transporte escolar para o vindeiro curso ten signada praza.

 


 

 

Listaxes material escolar

 

 


 

Tarxeta de Identificación

Alumnado de Ed. Infanil e de 1º e 2º de Ed. Primaria

 


 

 

TRANSPORTE ESCOLAR 23/24


Todo o alumnado que solicitou transporte escolar ata o día 7 de xullo de 2023 ten asignada a praza para o vindeiro curso.



COMEDOR ESCOLAR 23/24


Publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos no comedor escolar 2023-2024


Están suxeitos a exclusións nas listaxes definitivas os usuarios que non teñan xustificados todos os recibos pendentes do curso 2022-2023.

 

 


 

 

Anuncio de apertura de prazo para a admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe da Rabadeira, como colaboradores

voluntarios do comedor escolar durante o curso 2023/2024.

 

 

 


 

 

Publicación de listaxe provisional de Fondo libros

 

Está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

 

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días hábiles seguintes á publicación.

 

 


 

 

PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULAS PARA O ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN CURSO 2023/24

DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023.

 

 


 

 

 

Apertura prazo para solicitar servizos de COMEDOR e TRANSPORTE

 

 

 


 

 

 

Apertura de prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

 

 


 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 2023/2024

 

 

 


 

 

 

Convocatoria das axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2023/2024 (BOE do 26/04/2023).

Prazo de presentación de solicitudes do 8 de maio de 2023 ao 20 de setembro de 2023 (ambos inclusive).

Convocatoria

Para máis información poden acceder á sede electrónico do Ministerio de Educación e Formación Profesional nos seguintes enlaces:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

 

 


 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2023/2024

 

 

 


 

 

 

Só é preciso entregar documentación para a baremación en 3º de Ed. Primaria e 6º de Ed.Primaria.

 

No resto dos cursos non é preciso entregar nada, dado que houbo menos solicitudes que prazas.
O 25 de abril publicarase a listaxe provisional de alumnado admitido no taboleiro de anuncios do centro.

 

 

 


 

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2023/2024

 

 

 


 

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

 

 

NO CENTRO ADSCRITO CURSO 2023-24 IES MIRAFLORES

 

 

 


 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut