Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

CONTOS EN MOVEMENTO

 PARA VER MÁIS FOTOS PREME NESTA IMAXE:

 

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, os nenos e nenas de Educación Infantil, acompañados polos seus mestres/as, desprázanse ata a Casa da Cultura para poder falar con Papa Noel por videoconferencia e pedir os seus agasallos para este Nadal.

Premendo nesta imaxe accederedes as fotos:

ASTRONAUTAS POR UN DÍA

O s nenos e nenas do CEIP de Quiroga convertéronse en "Astronautas por un día". Podes ver as fotos premendo nos diferentes cursos:

MAGOSTO NO CEIP DE QUIROGA

Os nenos e nenas do CEIP de Quiroga deberán aportar castañas o mércores 12 para celebrar o magosto o xoves 13 pola tarde.


Celebraremos o magosto comendo castañas con refrescos e auga, haberá música e faremos xogos con castañas. 

FOTOS DO SAMAIN 2014:

- FOTOS DO SAMAÍN NO NOSO CENTRO (Preme na seguinte imaxe):

 

 

Na semana do 27 ao 30 de outubro conmemoramos o Samain no noso centro con diferentes actividades:

CONSTRUCIÓN DUN PLANETARIO- AMADOR PÉREZ

O mércores 22 de outubro, a Biblioteca do centro en colaboración cun membro da Comunidade Educativa, programou a actividade: "Como construir un planetario con recreación do Big Band e o nacemento das estrelas". A actividade foi dirixida ao alumnado de Infantil e Primaria. Correu a cargo do autor, Amador Pérez, coa colaboración do alumnado de 5º e 6º de Primaria.

 

Para ver as fotos preme na seguinte imaxe:

CURSO 2014-2015

En setembro comezamos un novo curso. 

As clases iniciarémolas o mércores 10 de setembro no horario de xornada única (10 da mañá ata 14:30h ou 15:30, si son usuarios do comedor), excepto o alumnado de 40 de Infantil, que seguirá o horario entregado polo titor (Periodo de Adaptación).

 

Disfrutade das vacacións. FELIZ VERÁN!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut