Skip to Content

VISITA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA AO IES DE QUIROGA

12 Maio 2017 12:19
Europe/Madrid

 

O pasado martes, día 9 de maio, os nenos e nenas de 6º de primaria realizaron unha visita ao IES de Quiroga acompañados pola súa titora e a mestra de pedagoxía terapéutica.





No IES foron recibidos pola orientadora e máis polo equipo directivo do mesmo.
Alí asistiron a unha charla informativa da orientadora sobre a etapa educativa que comezarán o vindeiro curso.


A continuación, o director do IES amosoúllelas distintas dependencias do instituto.
Para rematar, puideron dispor dun tempo de lecer na sala de xogos.






Iniciar sesión

Comentarios

Enviar un comentario novo



story | by Dr. Radut