PREPARANDO O FIN DO CAMIÑO
E por fin chegou ao fin este curso! Aprendimos moito e coma chegada simbólica a Compostela percorrimos o tramo do camiño que pasa por Quiroga.
Na nosa saída do CEIP nos esperaban tres peregrinos da Asociación Camiño de Inverno que nos acompañaron á Oficina de Turismo. Alí amablemente selaron as nosas credenciais que usamos este curso para marcar o fin de cada actividade que nos serviu para aprender máis deste tema.
... E como non?! Fixemos e decoramos as nosas cunchiñas que levamos a casa coma lembranza deste día.