XINCANA FOTOGRÁFICA NO CAMIÑO
O equipo de educación infantil propuxo ao seu alumnado e ás familias unha interesante habilidade de observación.
Así cunha nota onde se desvelaban parte de tres imaxes do noso concello relacionadas co paso do Camiño de Santiago tiveron que localizalas e mandarlle unha foto en cada lugar aos seus mestres.
Os lugares elexidos foron o banco peregrino, o mural da peregrina da rúa Real e mais o Albergue de Quiroga.
Finalmente con todas as fotos fixeron un enorme mural! Grazas ás familias pola súa colaboración!
Podedes ver as imaxes da actividade aquí