ARTISTAS POR UN DÍA
Como seguro que xa sabedes, a vila de Quiroga está a formar un auténtico museo de arte urbana nas súas rúas.
Paseando por elas podedes topar un oso e a súa alvariza, un mural á sororidade, unha mítica lavandeira do río Sil e ata uns lapis xigantes coma homenaxe aos escritores ligados á vila.
Os nenos e nenas de segundo tamén quisieron unirse a esta festa de cor e traballaron o Camino de Inverno pola Ribeira Sacra a través de dous dos murais que se fixeron nestes meses na vila a cargo de Mon Devane.
Así, fixeron de artistas e modelos por un día nas obras de Mon Devane e experimentaron coa cor.
Mirade que guapos e guapas quedaron!