Eventos
O departamento de orientación organizou unha actividade en sexto de primaria sobre prevención de tabaquismo. A charla estuvo impartida por personal da UAD ( unidade de atención a drogodependentes) de Monforte de Lemos.
Desde o departamento de orientación lévase a cabo un programa de mediación no que participa o alumnado de quinto de primaria. Este programa forma parte dunha actuación sobre mellora da convivencia no centro integrada nos Contrato-Programa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A actriz e contacontos Sabela Gago fixo as delicias dos máis pequenos do colexio contándolles un conto que os deixou marabillados. Esta actividade foi dirixida ao alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de primaria.
23 de abril, Día do Libro. A árbore dos libros do CEIP de Quiroga.
De seguido, adxuntamos, as actividades realizadas polo departamento de orientación sobre o plan Proxecta.
O día 25 de abril estuvo na nosa biblioteca Esperanza Otero da Consellería de Sanidade acompañada de Iris, nutricionista, e Fátima, odontóloga, que impatiron unha charla sobre alimentación saúdable e saúde bucodental ao alumnado de quinto e sexto de primaria.
Na aula de 4º de educación infantil comezamos a tomar conciencia da importancia da alimentación saudable mediante o célebre conto de Eric Carle, Unha eiruga moi larpeira.
Inés Arnaiz Villafranca (4º EDUCACIÓN INFANTIL)
Inés Arnaiz Villafranca (4º de educación infantil)
Uxía Cuba Veiga (5º de educación infantil)
Rocío Álvarez Oreiro (6º de educación infantil)
María Guadalupe Flórez Seivane (Apoio a educación infantil)
O día 26 de abril e o 2 de maio, o alumnado de sexto de primaria recibiu dúas interesantes charlas sobre educación sexual impartidas pola médico-sexóloga Estefanía Fernández Otero. Consideramos estas charlas moi interesantes e necesarias!!
Os nenos de educación infantil exploraron hoxe o territorio Xeoparque Montañas de Courel.
O alumnado de quinto e sexto de primaria do C.E.I.P. de Quiroga achegouse ata súper para descubrir como funciona un supermercado e a importancia de levar unha alimentación saudábel.
Sara, coordinadora de formación da Xefatura Xeral de tráfico, impartiu unHa charla a todo o alumnado sobre seguridade vial.
O contacontos Brais Moure estivo onte no colexio facendo a delicia dos máis pequenos. Brais coa súa personaxe de O Mouro Moure levou as nenas e nenos a unha viaje fantástica ate a Galicia Máxica de Antón Fraguas a través de bosque que viaxa dentro da súa maleta.