Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Marzo 27, 2019
Start: 27 Mar 2019 16:24

21 de marzo, Día Internacional da Poesía. As alumnas e alumnos de quinto e terceiro de primaria demostraron ser grandes poetas e adicaron os seus poemas ao Territorio Xeoparque Montañas do Courel.

Start: 27 Mar 2019 16:26

O dia 21 de marzo conmemórase o día da árbore e da auga, con este motivo plantamos un bidueiro ao lado do colexio.

Start: 27 Mar 2019 16:28

Os alumnos e as alumnas de terceiro e cuarto de primaria visitaron o paseo fluvial acompañados das súas mestras e de José Luís Lemos Páez do Rego Natura, quen lles explicou as características mais significativas da flora que alí medra.

Xoves Marzo 28, 2019
Start: 28 Mar 2019 22:39

O alumnado de cuarto de primaria investigou a composición dalgúns alimentos e os efectos nocivos que teñen algúns dos seus ingredientes (produtos químicos, aceite de palma...).

Por parellas ou pequenos grupos prepararon exposicións sobre o tema. Con esta actividade reflexionaron sobre o importante que é ler e analizar as etiquetas para evitar certos produtos e alimentarnos así dunha forma máis saudable.

Venres Marzo 29, 2019
Start: 29 Mar 2019 14:06

O pasado mercores, o profesor de educación física, impartiu unha interesante charla, na biblioteca do cole, sobre os deportes que se practican no territorio Xeoparque Montañas de Courel. Foi unha actividade que interesou moito a alumnos/as e mestres/as. 

Luns Abril 01, 2019
Start: 1 Abr 2019 16:50

 

Nas clases de Inglés estivemos facendo unha actividade relacionada coa PDI do centro para este curso, que consiste nun xogo de tarxetas a través do cal traballamos o vocabulario en inglés dos animais das Montañas do Courel. Trátase de que os alumnos e alumnas relacionen o nome de cada animal co seu debuxo, para que desa forma aprendan o vocabulario dunha forma lúdica.

Martes Abril 09, 2019
Start: 9 Abr 2019 16:41

Os alumnos e alumnas voluntarios da biblioteca visitaron a Escola Infantil Galiña Azul, para contar contos aos nenos e nenas. Foi unha experiencia moi gratificante para uns e para outros.

Start: 9 Abr 2019 16:46

Os nenos de primeiro e segundo de primaria viaxaron ate Lugo onde visitaron O Gadis do Polígono do Ceao onde aprenderon moito de alimentación saudable e despois participaron nun obradoiro de galletas saudables en Como en casa. Pasárono moi ben e aprenderon moito!!!

Start: 9 Abr 2019 16:50

O xoves, día 4 de abril, o alumnado de quinto e sexto de primaria viaxou a Lugo para visitar a rotativa do Xornal O Progreso e o Museo provincial.

Start: 9 Abr 2019 16:53

Hoxe os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria voluntarios da biblioteca visitaron a residencia de persoas maiores de Quiroga, onde leron contos e recitaron poesías compostas por eles ás persoas maiores que ali residen. Ao finalizar todos xuntos cantaron cancións típicas galegas.

Distribuir contido


by Dr. Radut