Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Marzo 01, 2019
Start: 1 Mar 2019 12:23

24 de febreiro, día de Rosalía. Os nenos do CEIP de Quiroga, rendéronlle a súa particular homenaxe, poñendo en imaxes a obra “Rosalía pequeniña” de Uxía Senlle.

Venres Marzo 15, 2019
Start: 15 Mar 2019 14:04

Esta mañá celebramos o Entroido e, como non podía ser menos, apoiando a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO das Montañas do Courel. Fomos vestidos de exploradores estudosos do territorio. Recorrimos a rúa Real, acompañados dun gran oso do Courel e portando unha gran pancarta que nos acreditaba como estudosos do Xeoparque. O noso traxe estaba composto por chaleco, gorro, prismáticos e unha chapa conmemorativa. Esperamos que vos gustase tanto como a nós.

Start: 15 Mar 2019 14:10

Con motivo do día 8 de marzo, Día internacional da muller, as traballadoras do CIM do Concello de Quiroga, Marisa e Lucía, estiveron no colexio contando o conto de Raquel Díaz Reguera “Cuando las niñas vuelan alto”. Despois xunto coas nenas e nenos de primaria elaboraron unhas ás para voar cara a igualdade. Os nenos de infantil traballaron con conto “ A princesa rebelde”.

Mércores Marzo 27, 2019
Start: 27 Mar 2019 16:24

21 de marzo, Día Internacional da Poesía. As alumnas e alumnos de quinto e terceiro de primaria demostraron ser grandes poetas e adicaron os seus poemas ao Territorio Xeoparque Montañas do Courel.

Start: 27 Mar 2019 16:26

O dia 21 de marzo conmemórase o día da árbore e da auga, con este motivo plantamos un bidueiro ao lado do colexio.

Start: 27 Mar 2019 16:28

Os alumnos e as alumnas de terceiro e cuarto de primaria visitaron o paseo fluvial acompañados das súas mestras e de José Luís Lemos Páez do Rego Natura, quen lles explicou as características mais significativas da flora que alí medra.

Xoves Marzo 28, 2019
Start: 28 Mar 2019 22:39

O alumnado de cuarto de primaria investigou a composición dalgúns alimentos e os efectos nocivos que teñen algúns dos seus ingredientes (produtos químicos, aceite de palma...).

Por parellas ou pequenos grupos prepararon exposicións sobre o tema. Con esta actividade reflexionaron sobre o importante que é ler e analizar as etiquetas para evitar certos produtos e alimentarnos así dunha forma máis saudable.

Venres Marzo 29, 2019
Start: 29 Mar 2019 14:06

O pasado mercores, o profesor de educación física, impartiu unha interesante charla, na biblioteca do cole, sobre os deportes que se practican no territorio Xeoparque Montañas de Courel. Foi unha actividade que interesou moito a alumnos/as e mestres/as. 

Distribuir contido


by Dr. Radut