Eventos
24 de febreiro, día de Rosalía. Os nenos do CEIP de Quiroga, rendéronlle a súa particular homenaxe, poñendo en imaxes a obra “Rosalía pequeniña” de Uxía Senlle.
Esta mañá celebramos o Entroido e, como non podía ser menos, apoiando a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO das Montañas do Courel. Fomos vestidos de exploradores estudosos do territorio. Recorrimos a rúa Real, acompañados dun gran oso do Courel e portando unha gran pancarta que nos acreditaba como estudosos do Xeoparque. O noso traxe estaba composto por chaleco, gorro, prismáticos e unha chapa conmemorativa. Esperamos que vos gustase tanto como a nós.
Con motivo do día 8 de marzo, Día internacional da muller, as traballadoras do CIM do Concello de Quiroga, Marisa e Lucía, estiveron no colexio contando o conto de Raquel Díaz Reguera “Cuando las niñas vuelan alto”. Despois xunto coas nenas e nenos de primaria elaboraron unhas ás para voar cara a igualdade. Os nenos de infantil traballaron con conto “ A princesa rebelde”.