Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Febreiro 19, 2019

O día 19 de febreiro participamos no obradoiro "O sabor da aventura está no mar" no que os Arroases, uns rapaces e rapazas con superpoderes, nos achegaron á importancia de incluír na nosa dieta o peixe e o marisco. Aquí deixamos unha pequena mostra de todo o que podemos conseguir grazas a este tipo de alimentos.

 

Venres Marzo 01, 2019
Start: 1 Mar 2019 12:23

24 de febreiro, día de Rosalía. Os nenos do CEIP de Quiroga, rendéronlle a súa particular homenaxe, poñendo en imaxes a obra “Rosalía pequeniña” de Uxía Senlle.

Venres Marzo 15, 2019
Start: 15 Mar 2019 14:04

Esta mañá celebramos o Entroido e, como non podía ser menos, apoiando a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO das Montañas do Courel. Fomos vestidos de exploradores estudosos do territorio. Recorrimos a rúa Real, acompañados dun gran oso do Courel e portando unha gran pancarta que nos acreditaba como estudosos do Xeoparque. O noso traxe estaba composto por chaleco, gorro, prismáticos e unha chapa conmemorativa. Esperamos que vos gustase tanto como a nós.

Start: 15 Mar 2019 14:10

Con motivo do día 8 de marzo, Día internacional da muller, as traballadoras do CIM do Concello de Quiroga, Marisa e Lucía, estiveron no colexio contando o conto de Raquel Díaz Reguera “Cuando las niñas vuelan alto”. Despois xunto coas nenas e nenos de primaria elaboraron unhas ás para voar cara a igualdade. Os nenos de infantil traballaron con conto “ A princesa rebelde”.

Distribuir contido


by Dr. Radut