Eventos
O mércores visitou a nosa biblioteca Maite, nai de Irene, que contou un conto “Max e Lea” de Estefanía Padullés, aos nenos de sexto de infantil.
O alumnado de infantil incorporamos o almorzo coma unha rutina de aula. Almorzando interiorizamos hábitos relacionados coa hixiene e a alimentación saudable. A comezo de curso creamos uns manteis individuais que fan do almorzo un momento moi especial, de encontros e aprendizaxes.
O alumnado de sexto creou pratos moi orixinais con produtos ricos e saudables. Cada bosquexo era diferente e foi todo un reto materializalo e facelo comestible. Bo proveito!
O 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da paz e a non violencia, e como non podía ser doutro xeito, o noso mural da paz ubicouse no Xeoparque Montañas do Courel. No colexio imaxinamos un territorio onde todas as especies convivimos en paz: homes , mulleres, osos , lobos, aguias, raposos, ovellas, esquíos, serpes etc. Por unha convivencia en paz no Territorio Xeoparque Montañas de Courel!!
Os máis pequenos do cole foron a Lugo a ver unha obra de teatro organizada por Afundacion de ABANCA. A obra levaba por título “Burbujas de papel” e os nenos e nenas pasárono moi ben.
O pasado xoves 31 de xaneiro, o alumnado de infantil tivo unha visita moi especial, achegouse ao cole Martiño, que co seu espectáculo dos Bolechas titulado Os Electrecos fixo a delicia dos máis pequeños!!